lunes, septiembre 18, 2006

Nova en La Region



O día 8 de setembro La Región, a través do seu corresponsal, Luis Rúa, publicou unha nova a cerca da presentación no Concello das 200 firmas pola Asociación de Amigos de Caldelas. Queremos que o blog sirva para ir dando a coñecer todas as accións que se leven a cabo e a súa repercusión. Costounos atopar ista nova xa que non saiu na edición dixital de La Región. Como sabedes o Castro non conta, como outras vilas de Ourense, con unha pestaña (enlace) no lateral esquerda da portada co nome de CASTRO CALDELAS que nos permita ir directos as novas do Castro. Temos pensado pornos en contacto con iste xornal para intentar ter un pouco máis de protagonismo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Polo que se ve a repercusión na prensa non está mal.

Anónimo dijo...

Osorio debería preguntarlle a súa filla, que por razóns de traballo vive en Badajoz, si se considera unha veraneante.

Anónimo dijo...

Quen é veciño e quen non? Canto tempo hai que vivir no Castro para ter dereito a decidir? Algunha opinión vale máis ca outra?