lunes, enero 29, 2007

Nós imos seguir loitando...dixo Osorio


O día da gran manifestación en Trives pola A-76, o noso alcalde, Eladio Osorio, manifestabase con claridade e rotundidade na Voz de Galicia e decía "...que Fomento había solicitado la opinión del Concello de Castro Caldelas sobre la A-76 y que este municipio «vai seguir defendendo este trazado», en referencia al que sigue la antigua N-120. El alcalde caldelao cree por tanto que será Fomento quien deba decidir sobre el itinerario. «Nós imos seguir loitando a pesar do que diga Pepe Blanco. É Fomento quen debe confirmar. Pepe Blanco é de Lugo. Eu son de Ourense, son de Castro Caldelas e vou a poñer tódolos meus esforzos para que a A-76 pase por aquí», añadió Osorio. A foto é da visita que lle fixeron a Quintana, Osorio e Inés.

domingo, enero 28, 2007

Trives móvese



Unhas 3.000 persoas, según o blog de San Xoán de Rio, apoiaron o corredor por Trives e Caldelas. Para cando unha manifestación na nosa vila que poña de manifesto o apoio popular..?. Amigos de Caldelas súmase ó apoio a iste corredor e andamos a mirar se estamos a tempo de facer alegacións no seu favor.

Cóntase que, cando gañaron por primeira vez os socialistas en Castro Caldelas, en Madrid quixeron coñecer a ise extraño tipo (Osorio) e saber da vila que lograra arrancarlle un Concello ó todo poderoso Franqueira, nun feudo absolutamente cerrado. Caldelas conta un capital pola súa fidelidade ó socialismo e xa é hora de ter soños grandes e reunirse con quen faga falta.Traballar a política, os tribunais e os medios. Hai lexitimidade, o noso trazado é o que aconsellan os técnicos, guiados como en moitos sitios da península pola topográfia dos románs. E hai un argumento moito máis poderoso, á nosa é a zona máis deprimida de Galicia, vai camiño de estar totalmente despoboada. Os técnicos que decidadan a autovía por outro lado non o van a ter facil para xustificar os custes e o impacto no medio.

martes, enero 23, 2007

Hai que moverse



Traslado eiqui o video que atopei na páxina dos amigos de Xan Xoán de Rio, na que Xosé Blanco fai unha promesa ós de Monforte da futura autovía, como espacio vertebrador da zona sur de Galicia.

sábado, enero 20, 2007

Plataforma pola autovía por Caldelas


O xovés foi creada en Trives unha plataforma para a defensa do trazado da autovía por Trivés e Caldelas. Nesta plataforma participan políticos e asociacións das bisbarras que teñen interés neste corredor que, sen duda, é vital para que esta zona xeográfica se asome a unha vía de futuro. Parece que os inxiñeiros de Fomento, vendo como aforrar cartos, non dubidaron en darlle tino a experiencia dos románs a hora de trazar as súas vías de comunicación.