jueves, abril 05, 2007

A-76 / MANIFESTACIÓN 15 DE ABRIL EN OURENSE


A Plataforma Pro A-76, corredor 3 por Ourense , está organizando unha macro manifestación para o dia 15 de Abril ás 12:00 horas, en Ourense.

O punto de partida vai ser o Campus universitario (xunto a airexa da Asunción, rúa Otero Pedrayo), dende a manifestación sairá en dirección ó gobierno civil pola rúa Curros Enriquez, para rematar na Praza Maior de Ourense, frente ó Concello de Ourense, onde será leido o Manifesto por Olegario Sotelo Blanco.

Esta manifestación vai a estar encabezada por grupos politicos de Ourense( PP,BNG e PSOE), demostrando que todos apoian iste trazado. Tamén encabezará a manifestación os presidentes da CEO e da Cámara de Comercio.

Envía un eMail os teus amigos, familiares e coñecidos. Por una vez, todo o mundo coñecerá as nosas reivindicacions. É mui importante que estemos todos presentes o próximo domingo, 15 de Abril ás 12h.

Vamos a colocar un Stand na rúa de Paseo toda a seman do 9 al 14 de Abril. de horario de 10:00 a 13:00 da maña e de 17:00 a 20:00 da tarde,donde necesitamos a colaboración de todas persoas internautas para cubrir todo-los dias e sensibilizar a toda a provincia de Ourense repartiendo manifestos e recollendo signaturas a pro,de este trazado Corredor3, xa que consideramos que é beneficioso para toda a provincia.

Os que estedes dispoñibles para estes días e queirades participar nunha oportunidade histórica, poñedesvós en contacto ca plataforma para colaborar e dar a coñecer as nosas reivindicaciones.

Plataforma pola A-76

lunes, marzo 26, 2007

É o momento de move-lo peto por Elena




Nunca tantas veces soara o nome de Castro Caldelas, agora tocalle o turno os veciños, hai que move-lo peto pola Elena.
Envia FAVORITO ELENA ó 7788, ou chama 905411541 ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas...":

Boas, o concurso "Son de Estrelas" no que CALDELAS está representada por Elena está na segunda fase, da que xa se emitiron 2 programas dun total de 11 que terá.
Esta fase é un sistema de liguiña parecido ó do futbol, compiten nela 12 comarcas e enfrontanse entre elas como si fose un partido de futbol (6 enfrontamentos cada semana de 2 comarcas).
De cada enfrontamento un xurado decide si ten un gañador que se leva 3 puntos (o perdedor ningun); ou si hai un empate, neste caso leva 1 punto cada un. A estes puntos que van tendo cada semana sumanlles os puntos que tamén lles dan os votos du publico por telefono 3, 2 ou 1 segun os votos de cada semana; é o final o que máis puntos teña gana o concurso.
Na primeira semana Elena e 3 máis estaban de primeiros con 3 puntos, 4 de segundos con 1 punto, e os outros 4 con 0 puntos.
Despois da segunda semana, vai en cabeza unha rapaza con 8 puntos, 2 de segundos con 4 puntos, e Elena con outros concursantes con 3 puntos na terceira posición.
Elena faino moi ben, o certo e que está deixando o pobo en moi bo lugar, tendo en conta que non recibe ningun punto de votos por telefono (que son os que deciden o ganador, xa que unha persoa podese levar 33 puntos de votos en total sin ter ningun mérito). Quero dicir que ainda que ela gane todos os enfrontamentos que lle quedan, acadaria un total de 30 puntos; e podese dar o caso de que outra persoa sin ganar ningun enfrontamento teña 33 puntos que lle deron via votos por telefono.
Todo isto ven a que temos que apoiala, a que temos que rascar un pouco o bolsiño e mandar algún sms ou chamar por telefono (cousa que se pode facer desde calquera sitio)
O telefono para votar é 905411541 ou tamén enviando unha sms o 7788 co texto: FAVORITO ELENA
Os votos hai que facelos desde o Sabado as dez da noite ata o luns as cinco da tarde. Pídovos a todos os veciños do pobo a que chamedes e votedes todas as semanas as veces que poidades, e que llo digades a toda a xente que coñezades para que sexamos máis a votar e así lle podamos sumar algúns puntos a Elena que nos está a representar a todos.
Cada pouco irei contandovos como vai a cousa.

BAUTISTA, Graciñas pola páxina, e anima a xente a que participe votando

domingo, febrero 04, 2007

O Castro terá a súa area de rehabilitación


A Consellería de Vivenda e Solo declarará o casco antigo de Castro Caldelas como Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico (ARCH) (contará con SUBVENCIÓNS ESPECIAIS PARA A SÚA CONSERVACIÓN).

Esta modalidade permitiralles aos veciños acceder a importantes axudas para a rehabilitación das vivendas, e á administración local a subvencións para obras de urbanización. Para que a consellaría aprobe a declaración, o Concello deberalle remitir unha memoria coa documentación esixíbel.

A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, anunciouno logo de visitar o casco histórico de Castro Caldelas, acompañada do delegado provincial de Vivenda, Antucho Espinosa, e do alcalde do municipio, Eladio Osorio. Hai que decir que conta co apoio e o entusiasmo da arquitecta e Conselleira, Teresa Taboas, que ten visitado en moitas ocasións a vila. A consideración de ARCH facilitará axudas de até o 80% do orzamento, cun importe máximo de 11.000 euros para a restauración de vivendas da zona, e do 60% para a urbanización e reurbanización das rúas do contorno.

A area do Castro sumase as area de rehabilitación de Allariz, Celanova, Ribadavia, Verín, Ourense e Ourense-Seixalbo.

O Concello debería plantexarse que é momento de aproveitar istas subvecións tamén para peatonalizar a praza do Prado, ordear o aparcamento e por en valor o seu espacio central.

sábado, febrero 03, 2007

Veciños de Sas de Penelas contra a A-76


Reproducímos o texto publicado hoxe pola "La voz de Galicia" sobre as demandas da Asociación de veciños de Sas de Penelas:

“La asociación de vecinos Sas de Penelas, de Castro Caldelas, ha presentado una propuesta novedosa en torno a la autovía. Este colectivo cree que «la opción de acondicionar las actuales carreteras como vía rápida exhibe muchas ventajas sobre la impresionante obra de ingeniería que supone una calzada desdoblada», según recoge un escrito firmado por Ricardo Gómez y remitido a las ministras de Fomento y Medio Ambiente y a tres consellerías de la Xunta. 

Según informa la delegación de La Voz de Galicia en O Barco, esta asociación cree que la autovía tendría que ir de Ponferrada a A Rúa. A partir de ahí propone mejorar las conexiones de la N-120 con la C-536 -es decir, entre Valdeorras y Trives- y con la A-52, haciéndolo o bien desde Pobra de Trives o bien desde Freixido.

En cualquier caso, la asociación de vecinos de Castro Caldelas difundió una carta enviada por la secretaria general de Infraestructuras del Ministerio de Fomento, Josefina Cruz Villalón, en la que ésta asegura que todavía no hay ninguna decisión tomada sobre el trazado de la futura autovía. 

Estudios previos 

«En estos momentos la Dirección General de Carreteras está realizando los estudios previos para analizar las distintas opciones de trazado viables. Antes de la aprobación de cualquier trazado, esas distintas opciones serán sometidas a información pública», explica Cruz Villalón. La carta fue enviada por esta alto cargo de Fomento a la asociación Sas de Penelas porque este colectivo le había pedido información sobre la situación del proyecto y que ahora destaca que el escrito tiene fecha del 23 de enero, 72 horas antes de que el secretario de organización del PSOE, José Blanco, dijese en Monforte que esa autovía sólo tiene sentido si pasa por el sur de la provincia de Lugo.”

lunes, enero 29, 2007

Nós imos seguir loitando...dixo Osorio


O día da gran manifestación en Trives pola A-76, o noso alcalde, Eladio Osorio, manifestabase con claridade e rotundidade na Voz de Galicia e decía "...que Fomento había solicitado la opinión del Concello de Castro Caldelas sobre la A-76 y que este municipio «vai seguir defendendo este trazado», en referencia al que sigue la antigua N-120. El alcalde caldelao cree por tanto que será Fomento quien deba decidir sobre el itinerario. «Nós imos seguir loitando a pesar do que diga Pepe Blanco. É Fomento quen debe confirmar. Pepe Blanco é de Lugo. Eu son de Ourense, son de Castro Caldelas e vou a poñer tódolos meus esforzos para que a A-76 pase por aquí», añadió Osorio. A foto é da visita que lle fixeron a Quintana, Osorio e Inés.

domingo, enero 28, 2007

Trives móvese



Unhas 3.000 persoas, según o blog de San Xoán de Rio, apoiaron o corredor por Trives e Caldelas. Para cando unha manifestación na nosa vila que poña de manifesto o apoio popular..?. Amigos de Caldelas súmase ó apoio a iste corredor e andamos a mirar se estamos a tempo de facer alegacións no seu favor.

Cóntase que, cando gañaron por primeira vez os socialistas en Castro Caldelas, en Madrid quixeron coñecer a ise extraño tipo (Osorio) e saber da vila que lograra arrancarlle un Concello ó todo poderoso Franqueira, nun feudo absolutamente cerrado. Caldelas conta un capital pola súa fidelidade ó socialismo e xa é hora de ter soños grandes e reunirse con quen faga falta.Traballar a política, os tribunais e os medios. Hai lexitimidade, o noso trazado é o que aconsellan os técnicos, guiados como en moitos sitios da península pola topográfia dos románs. E hai un argumento moito máis poderoso, á nosa é a zona máis deprimida de Galicia, vai camiño de estar totalmente despoboada. Os técnicos que decidadan a autovía por outro lado non o van a ter facil para xustificar os custes e o impacto no medio.

martes, enero 23, 2007

Hai que moverse



Traslado eiqui o video que atopei na páxina dos amigos de Xan Xoán de Rio, na que Xosé Blanco fai unha promesa ós de Monforte da futura autovía, como espacio vertebrador da zona sur de Galicia.

sábado, enero 20, 2007

Plataforma pola autovía por Caldelas


O xovés foi creada en Trives unha plataforma para a defensa do trazado da autovía por Trivés e Caldelas. Nesta plataforma participan políticos e asociacións das bisbarras que teñen interés neste corredor que, sen duda, é vital para que esta zona xeográfica se asome a unha vía de futuro. Parece que os inxiñeiros de Fomento, vendo como aforrar cartos, non dubidaron en darlle tino a experiencia dos románs a hora de trazar as súas vías de comunicación.