viernes, septiembre 15, 2006

"...esquezase do seu vehiculo..."


Si se peatonalizan as zonas do prado, como noutros sitios a Praza pasará a ser un espacio moi util para que a xente poida pasear, conversar e comunicarse... É estou bastante convencido, pola observación do que está a pasar noutros sitios, que a actividade comercial de servicios melloraría considerablemente. Será un reclamo para os da vila e os da comarca como gran espacio de encontro, con calidade, gañado para as persoas. En moitos sitios onde se levaron a cabo peatonalizacións viron como a xente voltou a sair a rúa cas súas sillas, a toma-lo fresco e charlar cos veciños. Acabará pasando como en Allariz que pasado o tempo o pobo fai seu un proxecto executado con moitos atrancos. A imaxen corresponde a unha tarxeta comercial de Allariz que leva no seu reverso o seguinte reclamo:

“ao chegar a Allariz esquézase do vehículo
e descubra o núcleo histórico a pé,
a súa saúde agradecerallo e os alaricanos tamén...

No hay comentarios: