sábado, septiembre 27, 2008
martes, septiembre 02, 2008
mensaxe desde o país das maravillas
Entre as diferentes reaccions que ainda nos chegan sobre o programa Dúas noites de contos, queremos salientar unha preciosa e sensible entrada no blog "Galicia en el País de las Maravillas", que agradecemos moito e da que reproducimos aquí un estracto.
Unos lo fotografiaban, otros lo pintaban, otros lo contábamos...pero por fín, alguien ha apostado por él, por su entorno, por poner en valor, otra vez, su propia valía...
Esa noche, la de Quico Cadaval, yo estaba allí...fué tan emocionante verle iluminado, con esa discreción con la que se iluminan los espacios envejecidos...sin vergüenza, con dignidad, con elegancia, con cariño, con respeto, con trabajo en fín.
Escuché a Quico sí pero también escuché el espíritu agradecido de San Paio.
Enhorabuena a los que se preocuparon por organizar este evento..."
Etiquetas:
as adegas santiurxo A Abeleda Ribeira Sacra
domingo, agosto 31, 2008
A peatonalización do casco vello
Dentro da serie de reportaxes que o diario La Voz adica iste verán aos cascos vellos das cidades e pobos de Galicia, tocoulle hoxe ao Castro. “Apretados en la Galicia interior” é o títular de iste interesante reportaxe que fai un repaso a temas como a conservación do patrimonio, o tratamento que se lle da e o tema da peatonalización, un tema importante dentro da complexidade de medidas necesarias e unha das reivindicacions que levamos plantexando hai dous anos desde a Asociación.
Resulta curioso comprobar como tamén desde fora, un periodista que coñece en porfundidade o tema complexo do tratamento dos cascos urbans, ten a visión do Castro como un pobo “apretado”, cheo de obstáculos e “parasitado” polos coches. Xa non soio é unha teima nosa. A nota positiva é que algo se está a mover, a sensibilidade a mudar. A proba son as obras de empedrado e a creación da oficiña de Rehabilitación. Tal i como plantexa a Voz, queda moito por facer, temos un reto importante por diante. E tamén é importante saber que vamos todos no mesmo barco e que é entre todos como conseguiremos sair con éxito. O futuro depende en boa parte do que sexamos capaces de facer hoxe.
Etiquetas:
peatonalización casco vello castro caldelas
miércoles, agosto 06, 2008
Promocionando Caldelas
Carlos Blanco prolongou a súa estancia no Castro para escoitar a Quico Cadaval. O sábado, cando acordaron marchar, o seu coche quedara na praza inmobilizado polos camions e os postos de froita, e que non puderon sair ata as 15h. Así que proveitamos para tomar o pulpo e falarlle do festival Ponte Louco, que esa noite se celebraba, e regalarlles unhas camisetas. Tamén probaron as bicas e, por suposto, os viños da Ribeira Sacra. Foto: Pontelouco
martes, agosto 05, 2008
Os Amigos de Caldelas
Perdoade o retraso en dar novas. Ainda hoxe, luns, seguimos a resolver temas propios da organización dos espectáculos pero non queremos deixar pasar mais tempo sen dar as grazas ao público que asistiu, en total case 500 persoas nas dúas noites. Había un ambiente magnífico, relaxado e con moitas ganas de disfrutar do espectáculo e da maxia do mosteiro de San Paio. Agradecemos moito a magnífica acollida do público. Confiamos en que todos disfrutaran e sepan perdoar os fallos que se produxeron o primeiro día. A chuvia que caiu ata ben entrada a tarde puxo as cousas difíciles.
Queremos agradecer ao concello de Castro Caldelas o seu apoio e colaboración. Desde o momento que lle propuxemos a idea o alcalde, Eladio Osorio, e a concelleira de cultura, Inés Vega, estiveron moi receptivos e axudaron en todo o que foi necesario. Tamén queremos agradecer a José Luis Táboas que acollera a nosa proposta e nos abrira con tanta xenerosidade as portas do mosteiro. Para esta primeira edición, ademais de contar coa colaboración do concello de Castro Caldelas, contamos co apoio da consellería de cultura e deporte da Xunta de Galicia e da OBRA SOCIAL CAIXAGALICIA. Agradecemos tamén o seu poio ao delegado de Cultura en Ourense, Xosé Carlos Sierra, que nos animou cando lle presentamos o proxecto.
Tamén queremos agradecer á “organización segreda” , que mencionou Quico na súa presentación, imprescindible para que todo funcionara. Ahí están Carles Tarsà, que nos cedeu a foto para os carteis e o folleto, Carlos Sabín, que nos prestou as pacas para delimitar os espazos do mosteiro, Pepita e mais Pepe, que fixeron xestions sen fin, Verónica, que percorreu moitos kilómetros pegando carteis, a José Luis do Milucho, que gravou a actuación de Quico Cadaval, A Dori Vázquez, que axudou na taquilla, a Ana Sotelo que nos axudou a atopar as cadeiras, a Juan, Puri e Richard, que axudaron na montaxe e desmontaxe, a Antón, que traballou duro colocando cadeiras, a María, que nos trouxo a Quico en coche desde Lugo e fixo que o ánimo se mantivera alto, a Fabiola que nos cedeu a súa casa para acoller aos convidados, á Asociación de adegueiros da Ribeira Sacra Ourensá e ao seu presidente, Jorge Feixó, que ofreceron o viño que se serviu as dúas noites, a Dani Juncal, que diseñou a preciosa montaxe así como a Breixo e Miguel, os técnicos de iluminación e son que fixeron posible converter o adro de un mosteiro no medio das viñas nun lugar para o teatro, tamén á brigada do concello, a Cristobal, Gordillo, Javier o notario e Pepiño… Pedimos disculpas se nos esquecemos de alguén, moitas son as persoas que nos deron o seu apoio e puxeron ilusión en que se celebraran estas noites, e toda a axuda e ánimo foi importante.
Grazas a Carlos Blanco e Quico Cadaval as dúas noites disfrutamos de un humor cheo de intelixencia e de poesía, de un teatro que bebe da cultura popular e da literatura e que proxecta unha mirada crítica sobre a actualidade.
O xoves a chuvia ameazou ata o final. Tiñamos un plan B, que significaba trasladarnos ao castelo. Ás 18h decidimos arriscarnos e manter o espectáculo no mosteiro de San Paio. Iamos xustos de tempo para a montaxe e non se puido probar a magnífica iluminación diseñada por Dani, que si se puido apreciar o venres. A chuvia fixo que o espectáculo empezara tarde e que faiara o xenerador da luz no medio da actuación. Carlos Blanco, grandísimo actor, soupo salvar a situación con unha linterna e a súa capacidade de improvisación. Maila estes atrancos, que moitos nervios nos fixeron pasar, Carlos Blanco conseguiu que a noite fora todo un éxito. O público riu moitísimo coa súa visión aguda e tenra de cómo somos os galegos. Ao día seguinte, para non correr mais riscos, cambiamos a máquina do xerador, o día estaba radiante e pudemos preparalo todo con tempo suficiente. Así que cando empezou a chegar o público polo camiño, sobre as 22h, todo foi rodado. Os coches quedaron as dúas noites no pobo de Santa Tegra e o público baixaba a pé polo camiño. Esa noite discurriu sen atrancos e veuse que o adro do mosteiro é un espazo fantástico para celebrar espectáculos. Quico Cadaval estivo magnético, fascinante, o público nin pestanexaba.
Como era o noso obxectivo, con esta proposta a asociación Amigos de Caldelas quere contribuir a poñer en valor un espazo diferente do noso patrimonio e sumarse á oferta cultural para o verán ourensán.
Foto: Carlos Campos
martes, junio 24, 2008
Dúas noites de contos, con Carlos Blanco e Quico Cadaval
A asociación Amigos de Caldelas organiza, o 31 de xullo e o 1 de agosto de 2008, “Dúas noites de contos” no mosteiro de San Paio con dúas primeiras figuras da escea teatral galega, os actores Carlos Blanco e Quico Cadaval.
Cada unha das dúas noites está plantexada como unha sesión de contacontos. O protagonista será o actor que se presenta, coas súas narracións e a súa persoal maneira de conectar co público. Na transmisión oral están en parte tamén as raíces da nosa cultura, e a literatura galega ten unha rica tradición de oralidade. Disfrutaremos de unha visión moderna do teatro que enlaza con esa tradición.
Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son abondo coñecidos a través da televisión e o cine. Como excelentes actores, autores e directores, ámbolos dous son figuras renovadoras da escea teatral galega. Nos espectáculos que adoitan presentar, o espectador pode recoñecerse, identificarse, ao mesmo tempo que se descubre de unha maneira diferente. Con humor intelixente, Carlos Blanco e Quico Cadaval mesturan a tradición popular e as referencias literarias, tan importantes na nosa cultura, proxectando ao mesmo tempo unha mirada crítica sobre a actualidade.
O adro do mosteiro de San Paio é o lugar escollido pola asociación para celebrar estes espectáculos. O mosteiro, unha xoia do románico gravemente deteriorada, atópase neste momento á espera de ser rehabilitado. Malia o seu estado e a ser pouco coñecido fora da comarca, San Paio forma parte aínda, de maneira moi viva, do noso patrimonio histórico-artístico, e pensamos que se trata de un espazo moi querido polos caldelás, que lamentamos o seu grave estado de deterioro e o expolio que sufríu. Con esta acción queremos contribuir a súa posta en valor, cumplindo así con outro do obxectivos da asociación, que é o de reivindicar e traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artísitco e natural da nosa zona.
“Dúas noites de contos” nace con vontade de continuidade, para ser unha cita anual que dinamice a actividade cultural caldelá. Esperamos poder compartir con todos dúas noites de verán cheas de humor, poesía e misterio, e convidámosvos a participar na asociación. A cita é no mosteiro, ás 22,30h da noite. Pronto poñeremos á venda as entradas, a un prezo de 5€ para cada espectáculo, e informaremos das novas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)