sábado, septiembre 09, 2006
Manifesto fundacional
Xa contamos con un blog que será o punto de encontro da Asociación de Amigos de Caldelas. Unha praza sen portas nin barreiras, unha praza para todos, para os que viven aquí e os que están lonxe pero síntense perto de Caldelas. Decidimos chamarlle "O Prado" como símbolo de lugar de encontro, libre, sen coaccións (xusto o que nos gustaría que fora tamén a Praza do Prado). Este blog é un espazo no que a xente pode opinar, aportar ideas e información e falar sobre os temas que preocupan os caldelaos. Interésanos todo o que pase en Caldelas ( as intervencios no patrimonio histórico, o tratamento e preservación dos seus espazos naturáis, os problemas medioambientáis, a vida cultural e social e a mellora das infraestructuras para todos os cidadans, tamén os neno, os mais xóvenes e os vellos). Interésanos tamén, moi especialmente, traballar pola dignificación e normalización da nosa lingua e cultura. Esperamos a participación de todos.
Estamos formalizando a constitución da ASOCIACION AMIGOS DE CALDELAS e gustaríanos invitar a participar a todos-los caldelaos, de dentro e de fora, que lles interese participar no rexurdimento de Caldelas, dende a idea de que todos somos corresponsables do que lle pase o noso pobo.
Traballaremos:
Pola nosa lingua e pola nosa cultura.
Pola peatonalización do casco histórico
Pola ordenación do tráfico nas zonas do Prado
Pola mellora das fontes
Pola preservación dos espacios naturais
Polo respeto ó patrimonio
Pola visibilidade de Castro Caldelas (nos mapas, nos medios de comunicación...etc.)
Pola capitalidade, de feito, da Ribeira Sacra.
Pola preservación e dinamización de nucleos rurais abandoados.
Pola dinamización cultural da vila (ciclo de cine, organización de concertos, teatro, conferencias e exposicións)
Pola mellora dos espazos pro tempo do lecer, para nenos e maiores.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Falando do Prado como espacio da sociedade civil quero compartir cos amigos de Caldelas un conto que escoitei, no verán. Fixome gracia o discurso do cura (Don Xosé) e a forma de expor unha posible tesis a cerca do orixen do nome da praza. Falaba da consolidación do coro "Lembranza" e aproveitaba para levar a auga o seu muiño. O seu discurso xiraba ata por de manifesto que o nome da praza do Prado debíallo a virxen do Prado, antes de ser dos Remedios. Eu descoñecía esto, como moitas outras cousas, agora, a maneira en que construía a súa tesis tamén nos pode levar a que si algúnha vez a virxe levou o apelido do prado, tamén pudo ser por estar perto do Prado.
Parecen moi ambiciosos os vosos obxetivos.
Sempre queren levar a auga pro seu muiño, e neste tempo no andan moi sobrados de enerxía.
Noraboa Bautista por saberes apreciar a beleza e gracias por esta brisiña cultural e humanística que ven refrescar os carballos e castiñeiros da nosa vila, comezaban a baixar a cabeza, tristes polo abandono.
Abofé que traballaremos por isto e máis!.
Publicar un comentario