sábado, septiembre 09, 2006
200 firmas pola peatonalización
O xoves pola mañá entregamos no Concello de Castro Caldelas perto de 200 firmas que apoian a iniciativa da peatonalización do casco histórico e das zonas da Praza do Prado.
O día anterior quedara co alcalde (Osorio Castro) para informalo da iniciativa que estaba en marcha e da que él xa tiña noticia.
No concello, a carón do espacio de atención ó público está o despacho do alcalde. A porta estaba aberta e, por uns momentos, tiven a sensación de que iste era un espacio aberto ós veciños. Xa me advertiran, decindo que Osorio, escoitar, escoita, pero, logo, a mayoría das propostas morren polo esquecemento. Espero que non sexa iste o caso, ainda que moitas son as voces de escepticismo.
Saudámonos, él leu a iniciativa, falou das bondades do debate, penso que incluso mo agradeceu, e logo contoume unha iniciativa do cura para mercar unha campá para a torre dereita. Como o cepillo non anda sobrado, parece que o apoio do Mingos foi decisivo. Faloume da área de rehabilitación do casco histórico e do apoio da Consellería da Vivenda. Das casas que pretendían mercar e o uso que pretenden darlle, do enterramento dos cables da luz e da recollida neumática do lixo na zona vella. Tamén faloume da subvención para levar a cabo o proxecto da instalación da colección de esculturas sacras na airexa do camposanto do cimadavila. Por cortesía e respeto ó meu alcalde non o interrumpin e mostrei interés polo que me comentaba, proxectos que me interesou coñecer, son boas novas para a vila. Máis así consumiu o tempo e comenzou a mira-lo reloxo e a decir que tiña que ir a Quintela. Dixenlle que eu deixarao falar e agora tocábame a mín. Intentou zanxar a cuestión dicindo que o do casco historico é facil pero o das zonas da Praza, nen falalo. Primeiro agradéceme o debate e logo dime que non pode ser.
Insisto. Lembrolle que son 200 veciños os que apoian esta iniciativa e que deberían pensalo, non desestimala tan axiña. Falolle das posibilades que ten a vila se aposta forte polo turismo cultural. Dí que ¿qué turismo cultural vai vir a vila?? uns segundos de silencio e finalmente dí que estudiarán ordenar a praza e señalizar unhas zonas onde se poida aparcar e que incluso estudiaran a posibilidade dun garda que faga cumpri-la Ley durante os tres meses do verán. Nese pequeno momento de boa vontade incluso dí que o espacio que hai diante do Concello e da casa do ?Bisagras? podería servir para facer un parquin no subsuelo, cambiando a calificación do chan. Respecto da petición da mellora dos espacios para os cativos, resposta que se pode utiliza-la praza nova que se fixo debaixo da carretera de Ourense. Insisto e preguntolle onde poden xugar alí os cativos e resposta: si é cuestión de uns ferros xa os poremos oh!
Inviteino a facer un comunicado conxunto no que se comprometera a estudalo e negouse, manifestando co falaría con seu equipo de goberno e xa se vería. Logo rematou a entrevista, porque tiña que marchar a preparar a malla de Mazaira.
32 COMMENTS:
Anonymous said...
Solucións ó caos actual hai moitas, outra cousa é que se queiran por en marcha.
4:31 PM
Xurxo Castro said...
Unha proposta demasiado ambiciosa para unha vila coma do Castro.
5:13 PM
Sofía Pérez said...
Penso que, salo no verán, é decir, o longo do ano, os coches poderían aparcarse nun dos lados da carretera de Ourense e ainda lles sobra espacio. Non vexo que haxa tanto problema. Como é posible que non se lle ocurro o noso alcalde.
10:56 PM
Mariano Padilla said...
Non é mala idea la propuesta por el alcalde en el sentido de hacer una parquin en la zona que está delante de la Ferretería. Se encontraría a nivel de calle y podría ser muy cómodo. El problema sería su coste. A lo mejor podrían obtener alguna subvención o partida para esta mejor de la plaza.
11:20 PM
Anonymous said...
Xa sei que non ten nada que ver, pero como é posible que unha vila tan altiva coma o Castro non teña unha web como deus manda.
1:03 AM
Antía said...
Amigo Mariano, non creo os veciños da Ferretería lles faga moita gracia unha obra como esa.
9:39 AM
Bautista Sotelo said...
Ten razón Mariano. A proposta do alcalde non é mala e penso que si a tratara politicamente podería obter financiación. Según comentaba o alcalde a calificación diste chan é de zona verde. É cuestión de cambiar ese zona por outra zona verde e facer alí os equipamentos públicos de garaxe. Penso que incluso poderían obter cartos a través da area de rehabilitación. De todas formas comprobareino para sair de dudas.
3:33 PM
Bautista Sotelo said...
O tema dunha web si que ten que ver ca nosa iniciativa. Que conten cunha páxina antes a Abeleda e Vilarellos da para pensar... Unha páxina é sinonimo de transparencia. Nunha páxina os cidadans saben cales son as actividades e os servicios do Concello, dunha maneira clara. Podese acceder a normátiva urbanistica. Podese comunicar facilmente por correo con calquer departamento e moitas cousas máis que se fan en calquera concello moderno.
3:42 PM
Anonymous said...
Como se van a preocupar por unha web, é decir abrir un fiestra ó mundo, senón son capaces de preocuparse pola praza do pobo onde a xente se reúne, onde se fan negocios, onde se soña, onde a xente se divirte, onde os nenos xogan, onde a xente se comunica.
9:40 PM
Anonymous said...
Non vós farán caso. Sodes uns ilusos. É como darlle margaritas os porcos. A xentiña que goberna no Castro no atende a sensibiliades.
11:03 PM
Bautista Sotelo said...
Non estou dacordo. Sensibilide ten que habela. Pode que logo de moitos anos falte enerxía ou necesiten sabía nova pero o equipo do Osorio foi capaz de subirse o carro e participar no premio Blanco Amor, coopromotor, dende fai moitos anos, do premio de antropoloxía e investigación social Vicente Risco, fixo gran parte da rehabilitación do castelo, o museo etnografico, alentou e colaborou no Ponte Louco. Son iniciativas culturais importantes dunha época.
11:55 PM
Tania said...
A donde fue a parar esa sensibilidad.
8:13 AM
Xurxo Castro said...
Resulta curioso ver a publicidade do Concello. Unha foto dende o Toural con unha frase que dice... Castro Caldelas vila turística e monumental Como pode logo o Sr. alcalde preguntarse que é eso de turismo cultural na visita de Bautista Sotelo. Como poden vender o de monumental se non hai o máis minimo respeto polo patrimonio. A asociación amigos da Riberira Sacra está a promover un proxento no que solicita para ésta zona a declaración de patrimonio da humanidade. Que está a facer o Concello do Castro neste sentido...? nada, nada, nada... dormir o longo sono de pedra...xogar a brisca no Grilo...asubiar...adormecer polo efecto da altura.
10:39 AM
Xurxo Castro said...
Non son un apocalÍptico. Soio quero aportar algo o debate. Aproveitar a oportunidade que nos brinda o blog do Bautista e as iniciativas de Amigos de Caldelas para facernos preguntas. Non somos os máis guapos, nin os máis listos... ainda que nós rimos de todo. Cal é causa da decadencia da nosa vila. Onde está a xente nova. Que pensa, que dí... protesta por algo.
10:43 AM
Anonymous said...
hola soy ana qetal estas anton estasbien quieroque noaya coches enlaplaza tanbien quiero toboganes
9:40 PM
Bautista Sotelo said...
Hola Ana, gracias por participar nesta iniciativa. Antón mandache recordos. Se nos unimos todos algo lograremos. Se non se retiraran todos os coches polo menos que os odenen.
10:17 PM
Alpha said...
Pois volvemos a ter máis do mesmo ... ¿ É que o aparcadoiro tamén ten que estar no Prado ? A zona onde se atopan as famosas escaleiras que non conducen a ningunha parte ,ten unha estupenda entrada polos Pilos e terreo dabondo para facer un grandísimo aparcamento, sen buscarse conflictos co M.O.P.U.
12:28 AM
Bautista Sotelo said...
Perdoa Alpha pero non te entendo moi ben. Cando dis que voltamos a ter máis do mesmo de que está falando. Queres decir, acaso, que xa se plantexou unha iniciativa de peatonalización noutro intre...? Hoxe as escadas do murallón non conducen a ningures, conducen a praza da devesa e ainda que sufra a indiferencia dos caldelaos por estar feita sen ser consensuada con éstes, poderianse utilizar para algunha iniciativa de aparcamento como suxires. Pero a opción máis acertada debería dala un técnico que plantexara un plan de movilidade intregral para os próximos 10-20 anos.
11:00 AM
Bautista Sotelo said...
Alpha, non entendo que conflicto se pode plantexar co M.O.P.U...? poderías orientarnos. Dudo moito que calquera conflicto co M.O.P.U non se poida resolver buscandolle as beiras...? Podes explicarte mellor...?
11:04 AM
Anonymous said...
no entiendo que a los bares les moleste que les quiten el morro de los coches de delante de "sus terrazas-aceras" ¿a quien le gusta tomar un caña a medio metro de los coches? si esas mesas están llenas es porque no hay otra opción. Esta propuesta debería salir de los propios bares... queremos un lugar más agradable, para pasear, para cruzar la plaza y para tomar la caña.Enhorabuena por la iniciativa. ¿todavía se puede firmar?
12:11 PM
Bautista Sotelo said...
Xa non recollemos máis firmas. Foi unha cousa simbólica. En ningún momento se maximizaron as posibilidades de recoller firmas. As 200 firmas recolleronse en tres momentos e de forma rápida. A resposta da xente, salvo algunhas excepcións, foi moi boa. Tes moita razón. Nunca me imaxinei que a resposta dos bares ía ser tan agresiva tendo en conta que melloraría sesiblemente o seu espacio de traballo. Pode ser un problema de mal entendemento que terá que ser mellorado con accións de comunicación para iste sector.
12:20 PM
Lucía said...
Sobre a oposición dos bares que comentades, parece ser que sempre sucede así, que en todos os procesos deste tipo, de entrada, sempre se opoñen os comerciantes e despois están contentos. Eu tamén creo que gañarían moito, se vamos a esas terrazas a tomar algo é porque non hai outra cousa. Habería que decirllo. Porque realmente é moi desagradable ter os coches metidos nos morros. Por outra parte, no que toca ó parking na praza da Devesa (por certo: ¿Ten nome esa praza tan desgraciada?) podería ser una boa idea. Desde logo cada vez que miro para ela poñome mala...É tan fea que mete medo, tan de mal gusto, tan sin xeito, tan cutre .... se esa é a mostra do noso nivel estético é que o Castro caeu realmente nun abismo. Prefiro pensar que ese adefesio é soio un accidente, un error...
4:31 PM
Bautista Sotelo said...
Sí, Lucía, consultamos con otros lugares onde se levaron a cabo procesos similares e a oposición inicial dos comerciantes é a primeira nota, logo acaban sendo os máximos defensores cando lle collen gusto o tema. O exemplo de Pontevedra é un dos máis sonados. O centro de Pontevedra renaceu e agora é un lugar con moito encanto onde, xente que nunca iría, agora vai a pasear, a comer, a comprar etc.
10:01 PM
Anonymous said...
no me creo nada de esta gente del ayuntamiento de Castro Caldelas son unos mantas y de cultura nada,claro no son de aqui ninguno,estudios tienen pocos y les gusta mucho el dinero
10:15 PM
Anonymous said...
suerte Bautista pero no vas a lograr nada de lo contrario aqui me tienes para lo que quieras ,pero no estas aqui ,la gente joven de aqui ya perdimos la esperanza de conseguir nada los conocemos,solo los mueve el interes.Suerte
10:17 PM
Anonymous said...
Tenemos que cambiar a los que mandan aqui, ya es hora de que se vayan ya robaron bastante
10:19 PM
Alpha said...
Bautista: coa expresión "máis do mesmo" quero decir que poñer un aparcadoiro no Prado non soluciona o problema soamente o move uns metros.Sabes coma min que a Praza é a que dinamiza toda a vida social e económica do pobo e nin sequera estéticamente resulta aceptable , por non falarmos da contaminación sonora da que ninguén se lembra ( insufrible pola noite) En canto ó M.O.P.U. e a non ser que modificaran as normas , ata hai ben pouco non permitían ningún tipo de construcción ,obra ou modificación ás beiras da estrada. Como remate permíteme felicitarte polo teu blog ,e que tanto a ilusión coma ese puntiño de maravillosa utopía que amosades a savia nova non esmoreza xamais.
11:12 PM
Bautista Sotelo said...
Agradecería que se moderen os comentarios ca idea de construir en positivo. Decir que non son deiqui os políticos que nos gobernan e faltar a verdade. Penso que non debemos entrar a medir quen é máis deiqui o menos deiqui.
9:42 AM
Bautista Sotelo said...
O equipo do Osorio tivo momentos de moito empuxe e o que queremos, polo menos dende a asociación de amigos de caldelas, é alentar e animar para que o espiritu da primeira época volva a resurdir. Houbo decisións boas en temas culturais e noutros ambitos. Pasaron por épocas de aillamento. Un dos poucos concellos socialistas da provincia. Agora os ventos están a favor e hai que aproveitalos.
9:48 AM
Bautista Sotelo said...
Contesto ó que dí que non nos farán caso...Si formamos unha asociación con bastantes socios a nosa capacidade para levar a cabo iniciativas será importante, con independencia de si nos fan caso ou non. Queremos levar a cabo proxetos culturais e si o Concello nos apoia fantastico e si non nos apoia faremolas igual. Contamos contigo cando se formalice a asociación. Queremos convertirnos nun verdadeiro revulsivo contra decadencia que vive a nosa vila.
9:52 AM
Bautista Sotelo said...
Tes razón alpha. O óptimo sería saca-los coches da praza e preparlles un lugar perto da praza. ( a zona diante do Concello que suxería Osorio, a zona do murallón con acceso por as escadas, a zona dos terreos dos pilos, o terreo que se atopa o lado do Martín ou calquera outra solución). Opinar é facil, por iso sempre falamos dun plan de movilidade que o Concello encargue a un especialista e que poida ser debatido xa que poden atoparse boas solución pero de moito custe de execución. Ainda así unha iniciativa coma esta penso que podería lograr apoio económico extraordinario por parte do goberno da Xunta, si se sabe plantexar. Preguntarse que turismo cultural vai vir a vila, non axuda. Si se puxera en valor a praza podería dinaminar, ainda máis a vida social e económica da vila. A contaminación sonora, como ti dis, agora é insoportable. Este espacio pasaría a ter un valor extraordinario que agora se desprecia. É certo que terían que seguir pasando os coches pola rúa de Ourense, pero a velocidades controladas e vixiando ós fitipaldis. O Castro ten que deixar de ser un pobo carretera e pasar a por en valor os seus espacios centrais de comunicación e onde a xente disfrute do lecer con certa calidade. Esta idea por si soia, igual que noutros lado, será un forte revulsivo para outros visitantes. Hai outro debate pendente que é o de si realmente a carretera pasando pola vila, aporta tanto a economía da vila. Dame a impresión que non hai estudos que ponderan orientarnos. Graciñas polas túas felicitacións, por enriquecer o debate e polo teu apoio.
10:19 AM
Maite said...
Me gusta vuesta iniciativa pero no funcionaría sin no hay alguién que ponga multas y frene a los que se lucen delante del Rubio arrancando y frenando a gran velocidad.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
os asinantes non son residentes...
disponibilidades ecónomicas e técnicas...
Sr. alcalde acabouselle o conto dos cartos e da falsa progresía. Soio hai que ver quen forma o seu equipo de goberno.
Para levar a cabo as iniciativas de Amigos de Caldelas non é cuestión de cartos nin estar aillado polo P.P.
Soio é cuestión de vontade, de progresía, imaxinación e un pouco de cultura e ambición por mellora-las cousas.
É hora de ir pensando en formar un gran frente político independente para sacar da poltrona os que están a impedir o progreso de Caldelas.
Cantas sorpresas hoxe! O señor alcalde quere ser amable pero insiste torpemente en chamarnos "non residentes".
Nunha realidade social complexa como é a galega, é moi torpe facer esa distinción. Cando todos seguimos tan vinculados, e non soio por nostalxia, ao pobo. Ademáis, o intelixente é sempre sumar. O equipo de governo, polo que parece, insiste na torpeza. E chega un pouco tarde! Obligado. Ainda que, sendo positivos, máis vale tarde que nunca. Espero a ter máis datos para opiniar.
Khj u byh a franksxxxlinks, hot xxx movies. Djz l, jbg bikpqi|fho teqrawc t nt pc.
Publicar un comentario