
viernes, agosto 07, 2009
jueves, agosto 06, 2009
dúas noites apuntase a facebook

miércoles, agosto 05, 2009
martes, agosto 04, 2009
lunes, agosto 03, 2009
domingo, agosto 02, 2009
Eladio Osorio, dous anos colaborando
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30
Nota de prensa de Dúas noites
Os días 12 e 13 de agosto, no mosteiro de San Paio, na Ribeira Sacra, en Castro Caldelas, Dúas noites estará adicado á música do Atlántico lusófono. O festival presentará un concerto do compositor brasileiro Fred Martins e o espectáculo “A travesía da saudade”, dirixido por Uxía.
O festival, organizado pola asociación de amigos de caldelas, acollerá o mércores 12 de agosto a actuación do cantautor brasileiro Fred Martins, que estará acompañado polos músicos Sérgio Tannus, (Guitarras, cavaquiño e mandolina), Isaac Palacín (batería) e Álvaro Iglesias (Contrabaixo). Fred Martins, premiado compositor e representante da Música Popular Brasileira, acaba de editar o seu cuarto álbum, “Guanabara”, e esta é a primeira xira que realiza pola Península.
O xoves 13 de agosto, Dúas noites de música acollerá o espectáculo dirixido por Uxía
"A TRAVESÍA DA SAUDADE”, un percorrido polas músicas de Galiza, Brasil, Portugal e Cabo Verde. Os músicos Sérgio Tannus (guitarras, cavaquinho e mandolina) e Sérgio Salles (teclados) acompañarán a Uxía nun espectáculo no que sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono, do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana.
Na súa primeira edición, o pasado verán, Dúas noites estivo adicado á narración oral, coas actuación de Carlos Blanco e Quico Cadaval.
O mosteiro de San Paio, en Santa Tegra, Castro Caldelas, espazo que acolle o festival, é unha das xoias do románico da Ribeira Sacra. Con esta proposta, a asociación Amigos de Caldelas quere sumarse á oferta cultural para o verán en Caldelas e contribuir a poñer en valor un espazo diferente do rico patrimonio da Ribeira Sacra.
PROGRAMA DUAS NOITES DE MÚSICA
Mosteiro de San Paio, Santa Tegra, Castro Caldelas, Ribeira Sacra.
12 de agosto
FRED MARTINS
Fred Martins trae a Galiza o seu cuarto álbum, “Guanabara”, que o consolida como un dos máis brillantes cantautores brasileiros da súa xeración. Ésta é a primeira xira realizada na Península por este artista recoñecido internacionalmente.
Influenciado tanto polo folk anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira, a súa sensibilidade e versatilidade lévanno con igual naturalidade ao pop maino como á samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro até o de agora, e do tamén poeta Francisco Bosco.
As súas composicións son interpretadas por destacadas voces da Música Popular Brasileira (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,...)
FRED MARTINS (Voz, guitarra)
SÉRGIO TANNUS (Guitarra)
ISAAC PALACÍN (Batería)
ÁLVARO IGLESIAS (Contrabaixo)
13 de agosto,
A TRAVESÍA DA SAUDADE
Espectáculo dirixido por Uxía, con Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e mandolina). Sérgio Salles (teclados) , e UXÍA (voz).
Unha corrente de música percorre o Atlántico: parte das brumas da Costa da Morte galega, baixa polas praias e falésias portuguesas, atravesa Cabo Verde, absorbe o calor do Golfo da Guiné e corre cos ventos que van rumbo ao Brasil. O nome dessa corrente é A TRAVESÍA DA SAUDADE, un espectáculo no que se mostran os frutos creativos desta comunión musical.
Do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana, um concerto onde sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono.
UXÍA. Voz
SÉRGIO TANNUS (Guitarra, cavaquiño, mandolina)
SÉRGIO SALLES (teclados e melodía)
Hora:10:30h.
Venda anticipada de entradas a través de Caixa Galicia (9€)
E media hora antes de cada función, no propio mosteiro (12€).
Aforo limitado.
sábado, agosto 01, 2009
viernes, julio 31, 2009
Nada se consigue sen loitar. A vila gaña

Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.

Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.
jueves, julio 30, 2009
Faltan 14 noites
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.

Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.
Foto: Campos
miércoles, julio 29, 2009
Páxina de "Amigos del románico"

A páxina de amigos do románico faise eco de dúas noites de música. Grazas pola vosa colaboración nesta iniciativa que necesita de moitos amigos para poder seguir promovendo actividades na nosa bisbarra.
sábado, julio 25, 2009
xa están a venda as entradas de "dúas noites"
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30

domingo, julio 05, 2009
Dúas noites volta con Uxía e Fred Martins
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30

Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.
Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade”, que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).
Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira, e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.
Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.
domingo, abril 19, 2009
Vistas ao vertedoiro

Que pensarán os que nos visitan?
Que os vertedoiros son as mellores vistas do pobo?
Que non nos gusta ocultar o noso lixo e por iso pómolo onde máis se ve?
Que por cada obra ben feita fanse dúas barbaridades?
Que pensarán os que nos gobernan ? ....
Esta é unha vista desde o castelo, o lugar máis visitado da vila.
Carlos Vázquez









