domingo, julio 05, 2009

Dúas noites volta con Uxía e Fred Martins

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades  todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.

Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade”, que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).

Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira,  e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.

Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.

 

 

2 comentarios:

Unknown dijo...

Amigos del Románico recolle a vosa actividade na súa páxina web. Podédela ver en www.amigosdelromanico.org.
Que todo saia ben e que o voso influxo sirva para que o mosteiro de San Paio de Abeleda volva a estar vivo moi pronto e todas as noites en Abeleda sexan igual de fermosas coma estas dúas coas que nos agasallades.
Moita forza

Bautista Sotelo dijo...

Grazas, Carme.