domingo, octubre 18, 2009

Mil primaveras máis para o galego.

Hoxe manifestación en Santiago contra as agresións do P.P. ao galego




"Tengo 73 años y llevo toda la vida viviendo en La Coruña. Pues mira, cuando yo era niña, hablaba en gallego, como todos los del barrio, pero cuando fuí a la escuela, me lo sacaron a base de castigos y sopapos. Pero claro, ahora que hablamos castellano, pues a La Coruña le llamamos así, La Coruña, en castellano; y si le llamamos así, por qué nos quieren meter ahora A Coruña?, pues porque nos quieren meter el gallego..."

"Los Tristes", artigo de Suso de Toro en El País.

Suso de Toro reflexiona sobre o verdugo (Núñez Feijoo) da lingua galega. Autoodio..?, pode ser que a cousa vaia por aí. Chinny, a súa moza, fai uns anos, interumpiuno cando falaba de Os Peares e dixolle, e esto non é conto... " pero tú que dices, de que presumes, si tu no eres nada, tu familia no es nadie..." Nuñez calou, e o seu silencio foi a súa réplica. O mociño dos peares quere ser alguén, pensa que co galego non se vai a ningures e hai un capital político nos que pensan igual. Dende o outro lado do mostrador da tenda de ultramarinos do seu pai, dende cativo, viu que o que era alguén falaba castelán, logo a súa pijoxornalistafilipina acabou de tocarlle onde lle doe, e desto non fai moito.

lunes, agosto 24, 2009

Agradecimento as adegas da Terra de Caldelas


Igual que o ano pasado A asociación de adegueiros da Ribeira Sacra ourensá cedeu gratuitamente o viño co que agasallamos a todos os que se achegaron ó mosteiro de San Paio, para escoitar a Uxía e Fred Martíns. A Asociación Amigos de Caldelas quere agradecer as adegas que forman parte desta asociación a súa xenerosidade e felicitar a Jorge Feijoo, presidente, polos éxitos acadados na II mostra de viños, que se celebrou no espacio físico do que toma o nome o noso blog.

Cartel: Carlos Costoya.

viernes, agosto 21, 2009

Hoxe e mañá, Pontelouco



Hoxe e mañán a asociación "O Irrio" pon en marcha como outros anos o festival "Pontelouco". Música, contacontos, máxia, cine e artesanía durante dous días. Os nosos mellores desexos.

domingo, agosto 16, 2009

Por segundo ano, dúas noites de música


O xoves pasado, en San Paio, Uxía con Sergio Tannus, Sergio Salles e Paolo. O mosteiro iluminado nunha noite de calor como é difícil recordar outra. Alguén dixo que ao lonxe parecía que había lume en San Paio. E sí, lume había: enerxía positiva, talento desbordante. Un ceo estrelado e cinco estrelas no esceario. Cinco con Fred, que os acompañou cando interpretaron dous dos seus temas. Un deles, “Tempo afora”, é o preferido de Antón, que pide escoitalo continuamente. Uxía, estivo grandiosa, coa súa voz tan rica, tan chea de rexistros. Está igual de magnífica nos seus temas de sempre que borda un tango ou versiona o clásico “Volare”. Dice Fred que Uxía “valoriza todo o que canta”. É a grande dama da música galega. Sen dúbida unha artista de tanta categoría como calquera das cantantes que triunfan na escea internacional. En San Paio, a nós, fixonos disfrutar, estremecer, soñar, sorrir, chorar de emoción. O público en silencio reverencial, sobre todo cando cantou a capela “Teño unha casiña branca”. Ela soia sobre o escenario. Magnífica Uxía. O espectáculo que nos ofreceu, “A travesía da saudade”, funde a tradición da música galega coa cadencia da música brasileira. Magníficos músicos: Sergio Tannus, Sergio Salles e Paolo. Prodixiosa mestizaxe. E cando tocaron dous temas de “choro”, despregaron toda a súa arte. E entre o público a mesma emoción. Moitos aplausos.
O día anterior tivéramos a inmensa sorte de poder escoitar a Fred Martins neste mesmo esceario, acompañado por Sergio Tannus e os músicos galegos Isaac Palacín e Álvaro Iglesias. Desde o principio ata ao último bis, esa foi tamén unha noite máxica, perfecta, emocionante.

E todo iso, esta segunda edición de Dúas noites, foi posible grazas ao impulso e a ilusión de moitas persoas. Grazas ao fantástico traballo e a entrega de Dani Juncal na iluminación e posta en escea. Dani conseguiu a maxia de facer que algúns pensaran que o mosteiro contaba xa con partes rehabilitadas de tanto que lucía. E Carlos Blanco, o noso “padriño”, que nos quixo acompañar e presentar os espectáculos. Tanta xenerosidade, tantas cousas impagables que se fan por compromiso coa cultura do noso país, por ilusión e amizade. Foi un luxo increíble poder telos a todos con nós, pasar dúas noites e dous días inesquecibles, e poder compartir todo eso co público. Esa é a maxia do arte verdadeiro, a capacidade de crear mundos.
Algo que foi posible tamén grazas á profesionalidade dos técnicos de RTA que traballaron como leóns para preparar a montaxe dos concertos nunha tarde de intenso calor, co sol mallando sobre o mosteiro. Grazas ao apoio do concello de Castro Caldelas, que nos axudou a organizar os espectáculos este ano no que non tivemos ningunha axuda económica das institucions. O seu respaldo e colaboración foi moi importante. Como importante é tamén a colaboración da asociación de adegueiros da Ribeira Sacra Ourensá, a través do seu presidente, Jorge Feijoo, que por segundo ano aportou o viño que se serviu ao final dos concertos. Sempre pensamos que na Ribeira Sacra o viño tiña que ter un protagonismo especial. Todos os que puxemos en marcha Dúas noites, traballando sempre en equipo e aportando cada un a súa ilusión e o seu traballo, Ruth, Carlos, Charo e Bautista, estamos moi agradecidos a todos aqueles que nos axudaron e ao público tan marabilloso que acudiu á cita.

Foto: Carlos Campos

martes, agosto 11, 2009

lunes, agosto 10, 2009

O camiño que leva a Fred Martins

Fred Martins, mércores, día 12, ás 22,30h.


sábado, agosto 08, 2009

viernes, agosto 07, 2009

jueves, agosto 06, 2009

dúas noites apuntase a facebook



Dúas noites está en Facebook, para os que vos queirades unir ao grupo e compartir información. Animádevos! Qué gusto ver caras amigas!
 



miércoles, agosto 05, 2009

Terra de viño, Carlos Blanco, o ano pasado


O ano pasado Carlos Blanco aproveitou para falar do viño.

Máis amigos, o país de nuncamáis

Agradecemos a Lucía o seu apoio, a través do seu blog, "o país de nuncamáis".

martes, agosto 04, 2009

lunes, agosto 03, 2009

Faltan 9 noites para Frend Martins


Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.

domingo, agosto 02, 2009

Eladio Osorio, dous anos colaborando

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30

Nota de prensa de Dúas noites

Os días 12 e 13 de agosto, no mosteiro de San Paio, na Ribeira Sacra, en Castro Caldelas, Dúas noites estará adicado á música do Atlántico lusófono. O festival presentará un concerto do compositor brasileiro Fred Martins e o espectáculo “A travesía da saudade”, dirixido por Uxía.

O festival, organizado pola asociación de amigos de caldelas, acollerá o mércores 12 de agosto a actuación do cantautor brasileiro Fred Martins, que estará acompañado polos músicos Sérgio Tannus, (Guitarras, cavaquiño e mandolina), Isaac Palacín (batería) e Álvaro Iglesias (Contrabaixo). Fred Martins, premiado compositor e representante da Música Popular Brasileira, acaba de editar o seu cuarto álbum, “Guanabara”, e esta é a primeira xira que realiza pola Península.

O xoves 13 de agosto, Dúas noites de música acollerá o espectáculo dirixido por Uxía

 "A TRAVESÍA DA SAUDADE”, un percorrido polas músicas de Galiza, Brasil, Portugal e Cabo Verde. Os músicos  Sérgio Tannus (guitarras, cavaquinho e mandolina) e Sérgio Salles (teclados)  acompañarán a Uxía nun espectáculo no que sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono, do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana.

Na súa primeira edición, o pasado verán, Dúas noites estivo adicado á narración oral, coas actuación de Carlos Blanco e Quico Cadaval.

O mosteiro de San Paio, en Santa Tegra, Castro Caldelas, espazo que acolle o festival, é unha das xoias do románico da Ribeira Sacra.  Con esta proposta, a asociación Amigos de Caldelas quere sumarse á oferta cultural  para o verán en Caldelas e contribuir a poñer en valor un espazo diferente do rico patrimonio da Ribeira Sacra.

PROGRAMA DUAS NOITES DE MÚSICA

Mosteiro de San Paio, Santa Tegra, Castro Caldelas, Ribeira Sacra.

12 de agosto

FRED MARTINS

 Fred Martins trae a Galiza o seu cuarto álbum, “Guanabara”, que o consolida como un dos máis brillantes cantautores brasileiros da súa xeración. Ésta é a primeira xira  realizada na Península por este artista recoñecido internacionalmente.

Influenciado tanto polo folk anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira, a súa sensibilidade e versatilidade lévanno con igual naturalidade ao pop maino como á samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro até o de agora, e do tamén poeta Francisco Bosco.

As súas composicións son interpretadas por destacadas voces da Música Popular Brasileira (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,...)

 

FRED MARTINS (Voz, guitarra)

SÉRGIO TANNUS (Guitarra)

ISAAC PALACÍN (Batería)

ÁLVARO IGLESIAS (Contrabaixo)


13 de agosto,

A TRAVESÍA DA SAUDADE

Espectáculo dirixido por Uxía, con Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e mandolina). Sérgio Salles (teclados) , e UXÍA (voz).

Unha corrente de música percorre o Atlántico: parte das brumas da Costa da Morte galega, baixa polas praias e falésias portuguesas, atravesa Cabo Verde, absorbe o calor do Golfo da Guiné e corre cos ventos que van rumbo ao Brasil. O nome dessa corrente é A TRAVESÍA DA SAUDADE, un espectáculo no que se mostran os frutos creativos desta comunión musical. 

 Do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana, um concerto onde sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono.

UXÍA. Voz

SÉRGIO TANNUS (Guitarra, cavaquiño, mandolina)

SÉRGIO SALLES (teclados e melodía)

Hora:10:30h.

Venda anticipada de entradas a través de Caixa Galicia (9€)

E media hora antes de cada función, no propio mosteiro (12€).

Aforo limitado.

amigosdecaldelas@gmail.com


Facendo amigos, Logio

Entrada de Logio falando de "dúas noites"

sábado, agosto 01, 2009

Faltan 12 noites


Faltan 12 noites para que volte a luz ao mosteiro de san paio.

viernes, julio 31, 2009

Nada se consigue sen loitar. A vila gaña



Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.



Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.

Xa estamos na praza de O prado.

jueves, julio 30, 2009

www.duasnoites.com

Faltan 14 noites

Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.



Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.

Foto: Campos

miércoles, julio 29, 2009

Páxina de "Amigos del románico"



A páxina de amigos do románico faise eco de dúas noites de música. Grazas pola vosa colaboración nesta iniciativa que necesita de moitos amigos para poder seguir promovendo actividades na nosa bisbarra. 

sábado, julio 25, 2009

xa están a venda as entradas de "dúas noites"

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Xa se poden mercar as entradas de "dúas noites de música", a través de Caixa Galicia con un prezo de 9€. Si se espera a mercalas na taquilla o prezo é de 12€. Ainda que temos que pagar a comisión pola venda a través deste servizo, a venda anticipada, danos certo marxen para poder organizarnos e prever a asistencia. Van a ser dúas noites moi fermosas, nas que esperamos contar con todos os amigos do ano pasado e facer novos amigos desta iniciativa que queremos que se vai consolidando co voso apoio.

domingo, julio 05, 2009

Dúas noites volta con Uxía e Fred Martins

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades  todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.

Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade”, que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).

Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira,  e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.

Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.

 

 

domingo, abril 19, 2009

Vistas ao vertedoiro


Que pensarán os que nos visitan?
Que os vertedoiros son as mellores vistas do pobo?
Que non nos gusta ocultar o noso lixo e por iso pómolo onde máis se ve?
Que por cada obra ben feita fanse dúas barbaridades?
Que pensarán os que nos gobernan ? ....
Esta é unha vista desde o castelo, o lugar máis visitado da vila.
Carlos Vázquez