martes, junio 24, 2008

Dúas noites de contos, con Carlos Blanco e Quico Cadaval


A asociación Amigos de Caldelas organiza, o 31 de xullo e o 1 de agosto de 2008, “Dúas noites de contos” no mosteiro de San Paio con dúas primeiras figuras da escea teatral galega, os actores Carlos Blanco e Quico Cadaval.

Cada unha das dúas noites está plantexada como unha sesión de contacontos. O protagonista será o actor que se presenta, coas súas narracións e a súa persoal maneira de conectar co público. Na transmisión oral están en parte tamén as raíces da nosa cultura, e a literatura galega ten unha rica tradición de oralidade. Disfrutaremos de unha visión moderna do teatro que enlaza con esa tradición.

Tanto Carlos Blanco como Quico Cadaval son abondo coñecidos a través da televisión e o cine. Como excelentes actores, autores e directores, ámbolos dous son figuras renovadoras da escea teatral galega. Nos espectáculos que adoitan presentar, o espectador pode recoñecerse, identificarse, ao mesmo tempo que se descubre de unha maneira diferente. Con humor intelixente, Carlos Blanco e Quico Cadaval mesturan a tradición popular e as referencias literarias, tan importantes na nosa cultura, proxectando ao mesmo tempo unha mirada crítica sobre a actualidade.

O adro do mosteiro de San Paio é o lugar escollido pola asociación para celebrar estes espectáculos. O mosteiro, unha xoia do románico gravemente deteriorada, atópase neste momento á espera de ser rehabilitado. Malia o seu estado e a ser pouco coñecido fora da comarca, San Paio forma parte aínda, de maneira moi viva, do noso patrimonio histórico-artístico, e pensamos que se trata de un espazo moi querido polos caldelás, que lamentamos o seu grave estado de deterioro e o expolio que sufríu. Con esta acción queremos contribuir a súa posta en valor, cumplindo así con outro do obxectivos da asociación, que é o de reivindicar e traballar pola recuperación dos espazos públicos e o patrimonio histórico-artísitco e natural da nosa zona.

“Dúas noites de contos” nace con vontade de continuidade, para ser unha cita anual que dinamice a actividade cultural caldelá. Esperamos poder compartir con todos dúas noites de verán cheas de humor, poesía e misterio, e convidámosvos a participar na asociación. A cita é no mosteiro, ás 22,30h da noite. Pronto poñeremos á venda as entradas, a un prezo de 5€ para cada espectáculo, e informaremos das novas.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Por fin de volta !

Anónimo dijo...

sí, estamos de volta. Resulta dificil atende-los dous blogs. De todas formas "Doas noites de contos no mosteiro de san paio" é un acto de amigos de caldelas e toda a información vamola ir volcando neste espazo.
A ver si nos podes adicar unha entrada no teu blog para que os de San Xoán de Rio non se perdan iste acto. Un súado e moitas gracias, esperamos poder verte esas noites no mosteiro.

Anónimo dijo...

ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL.
YO SOY ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL !!!

CAMPEONES, OE
CAMPEONES, OE

¡SOMOS CAMPEONES!

CAMPEONEEEEES !

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Moi boa nova (non me refiro o do fútbol, que tamén), que volva este blog con unha explosión deste calibre.

Anónimo dijo...

Paréceme moi boa idea. E gústame ver que colledes o camiño da acción, pero gustaríame ainda máis que todos eses que so saen do seu letargo para criticar (case sempre os mesmos) tamén o fixesen para darche a noraboa, ou para recoñecer todas as cousas boas, que coma esta, se fan por aquí.

Anónimo dijo...

Me parece una excelente idea y no pienso perderme esas historias en un lugar lleno de encanto, magia y misterio.
Sobre el fútbol: Nunca me ha gustado ese deporte por los millones que se manejan etc. etc. Pero si un partido ha sido capaz de mantener ante las pantallas - por una causa común- a ese elevado número de españoles y olvidar por unos momentos rencillas, violencias, discordias e incomprensiones, pues a ver si lo que no pueden arreglar los políticos resulta que lo arregla el fútbol. Si así fuera ¡Que viva el fútbol!

Anónimo dijo...

Me parece una excelente idea y no pienso perderme esas historias en un lugar lleno de encanto, magia y misterio.
Sobre el fútbol: Nunca me ha gustado ese deporte por los millones que se manejan etc. etc. Pero si un partido ha sido capaz de mantener ante las pantallas - por una causa común- a ese elevado número de españoles y olvidar por unos momentos rencillas, violencias, discordias e incomprensiones, pues a ver si lo que no pueden arreglar los políticos resulta que lo arregla el fútbol. Si así fuera ¡Que viva el fútbol!

Anónimo dijo...

Pido disculpas por la repetición del anterior, ha sido involuntario.

Anónimo dijo...

¿y las entradas,en que sitio del Castro se pueden comprar?

Anónimo dijo...

En calquera oficiña da Caixa Galicia, por teléfono ou internet, na páxina da Caixa Galicia. un saúdo.