viernes, octubre 13, 2006

Posición do Partido Popular



Hoxe, por fin, Toño, voceiro da oposición, fixo un comentario na entrada: PEATONALIZACIÓN DO CASCO HISTÓRICO.

Algúns comentarios desta entrada botaban en falla o apoio do Concello e da oposición. A nós tamén nos sorprendía a falta de participación do Bloque e do Partido Popular. Facemos unha entrada do seu comentario e agradecémoslle a Toño a súa participación, que sen dubeda, é importante pola representación que ten o P.P no Concello e que axuda a enriquecer o debate cas diferentes sensibilidades de Caldelas. Alégranos a vosa "sintonía" cas propostas da Asociación de Amigos de Caldelas e manifestamos, como xa dixéramos, no seu escrito fundacional, que ista é unha fiestra aberta, na que cada quén pode manifestar o que queira, se considera que ten interés para a nosa vila. Fiestra aberta sí, pero unha fiestra aberta os valores progresistas. Interésanos o debate real e os feitos reais, que proben esta progresía. Esperamos que o Bloque e o PSG, finalmene, se sumen a iste debate e aporten a súa visión do asunto.


O comentario:

Ola a tod@s:

Por alusións, despois de seguir con interés os comentarios que están aparecendo, e tras unha prudente vixilia, decido, co voso permiso, incorporarme o debate.

Como cuestión previa fago unha felicitación e unha declaración.

A primeira, para o titular diste espazo que é quen de poñer a disposición do "Mundo" cousas de seu. 
A segunda, a declaración de recoñecemento da función que o blog está a facer como foro de intercambio de opinions sobre un referente: castrocaldelas.

Vaia por diante o meu respecto a todas as opinións e comentarios. Tedes que perdoarme a miña impericia nestas tecnoloxías, coa vosa axuda mellorarei. 

Eu estarei identificado (como voceiro da oposición) e invito a facer o mesmo ao resto, por aquelo da transparencia.

Entrando en fariña, teño que dicir que desde fai un mes ando contento. A apertura do blog ao debate e ver o contido foi como unha inxección de ánimo. Aí van dúas razóns:

1) Pola capacidade de iniciativa que existe en castrocaldelas e o apoio popular.

2) Pola sintonía das propostas con noso programa político (para as eleccións de 2003).

Da primeira salientar o efecto "Aguillón" para unhos, e balsámico para outros.

Da segunda, para poder debater con coñecemento de causa, pido autorización para poñer o dispor dos participantes do blog o contido do programa político que presentamos a os veciños de castrocaldelas no ano 2003. 

E diredes: -Non sería moi alá as vistas do resultado electoral!!!
psoe 7 pp 2 bloque 0 

Unha Malleira¡¡¡.

Certo. Mais.... Ulo o programa do psoe?, Ulo o do bloque?..........

Alpha pregúntase se hai oposición, e eu pregúnteme: 
O alcalde Osorio e o psoe de castrocaldelas presentaron a debate un proxecto global e integral para o noso concello?

A Alpha dígolle que a oposición ten programa e está no sitio que o pobo decidiu: 2 Concelleiros.

Polo tanto non temos posibilidade de forzar plenos extraordinarios, nen pedir informes ao secretario. Sómente velos ver os expedientes e facer preguntas, rogos e mocións. E abofé que temos feito centos delas. Coas respostas teriades para rir un bo rato.

E diredes..... Acudir a prensa!!! Dacordo, xa o temos feito. 
Resultado: Non se garante un coñecemento xeneralizado e o que peor, as redaccións reelaboran as notas que se lle fan chegar co que as veces a noticia prexudica a o mensaxeiro.

Por certo quero que saibades que a revista "Ribeira" ten un comportamento sectario por esquecer a nosa representación. Tamén o fixo coa asociación das mulleres rurais de "CASTRO CALDELAS"

O NOSO REFERENTE PROGRAMÁTICO É:

"O TEU FUTURO É O NOSO COMPROMISO"

e coa axuda do “POBO” SEGUIRÁ SENDO......!!!!!

ESTOU DISPOSTO AO DEBATE. 

Saúdos Toño.

131 comentarios:

Anónimo dijo...

apareceu o listo de turno

Anónimo dijo...

mais listo que tí, si que parece

Anónimo dijo...

Toño, persoalmente síntome moi lonxe do teu partido, penso que a política que desarrollades a nivel nacional é autonómico é nefasta, e por iso vexo con certa incredulidade algún dos comentarios da túa intervención. O certo é que soio te coñezo "de vista" así que non sei si son inxusto, tempo haberá de avanzar.
Nembargantes alégrome moito da túa intervención, espero que isto anime o debate e supoño (e desexo) que o resto das opcións políticas farán ó próprio.
Ò que fixo o comentario do "listo de turno" soio decirlle que eiqui agrádannos as intervencións de todos os que falan, a favor ou en contra, e non nos interesa calificar as intervencións de cada quen, soio pedimos que non se desvíe o tema a loitas personais.

Anónimo dijo...

Añadiría que no se convierta el debate en una lucha de partidos. Considero que el blog es un lugar de encuentro entre personas de muy diversas ideologías y opiniones opuestas. Eso enriquece. Ahora bien, de ahí a que lo utilicen para hacer propaganda electoral me parace tan fuera de lugar como si el Milucho colgara las ofertas del mes en este espacio...

Creo que las personas que hemos firmado en favor de la peatonalización no estamos necesariamente en contra del Osorio o al menos no del Psoe. Estamos a favor de la peatonalización y de muchas más mejoras que han ido saliendo a lo largo del debate y que el pueblo demanda. Creo tb, que el pueblo tiene unas carencias tan obvias para todos - seamos del pp, psoe o bloKe- que dejarse llevar por algo como que estar a favor de mejorar el pueblo es estar en contra del alcalde, es absurdo. Bueno, creo que me estoy enredando. La idea que quiero transmitir es que no me gusta que el pueblo se divida en algo así como los que votan al psoe están en contra y los que votan al pp están a favor de la peatonalización u otras mejoras...

Pero también me parece que la intervención del voceiro ha sido muy elegante. Yo le propondría que haga una página con su programa y nos indique como enlazar con él, para el que le interese leerlo.

Anónimo dijo...

Estoy completamente de acuerdo con el comentario anterior, el de psicoanálisis.

Anónimo dijo...

As carencias do Castro son moi básicas polo que a sintonía do P,P. ca asociación de Amigos de Caldelas non é moi dificil. Toño parece un tipo con formación, cousa que sorprende nas filas do P.P.

Anónimo dijo...

Paréceme importante a intervención do Toño, a pesar da distancia ideolóxica co seu partido. Alegroume, porque cambiar as cousas necesita do esforzo de todos. Cada vez é mais necesario que as outras duas forzas políticas, Psdg i bloque, interveñan. Ainda que non se trata de convertir ésto nun debate entre os partidos, pero si nun debate de ideas. Nun espacio coma éste, aberto e participativo, non se pode vir con propaganda, eso non cabe. Pero non vexo nada malo en que se expoñan as ideas e debatan. Eso é precisamente a liberdade de expresión. Ademáis, sobre todo para o PP, asomarse a esta fiestra na que os plantexamentos, opinions e xente que participa é de posición claramente progresista, é valente. Porque sabe que aqui non hai un coro de anxos. Si hai xente participativa, con opinión e empeño por facer cousas polo pobo. Eso deberían aplaudilo todolos partidos e facelo seu, todos, que o Castro é un pobo pequeno e non se pode desperdiciar ningún recurso ou valor.

Anónimo dijo...

Pódese decir que os votantes do Partido Popular están a favor da peatonalización da praza e do casco antiguo...? Logo son máis progresistas que os do PSG...! nas súas miras. O mundo o revés.

Anónimo dijo...

Boas a tod@s.
Despois de leer detidamente todos os comentarios comento que eu son un de isos mal chamados
"Veraneantes"... cousa que dende logo cabreame moitísimo.
Alguns de nos levamos anos (moi a noso pesar) vivindo fora Do Castro. E porque? pois porque desgraciadamente temos que comer, e hoxe por hoxe non vexo posibilidades de poder gañarme a vida e o pan na nosa vila, xa que non hai traballo por ningures.
O Alcalde Osorio parece que soamente lle interesamos os emigrantes (Forzados) cando se trata de vendernos o voto. Pero hasta aquí chegamos. Puxenme a pensar e cheguei a unha conclusión.
O Osorio leva moitos anos na alcaldía e que fixo polo Pobo??
NADA. Ademais de minuspreciar a os emigrantes que son os que durante moitos anos trouxemos un peso o pobo e tiramos por el.
Parece ser que o noso querido alcalde preocupalle mais o perpetuarse no poder per secula seculorum que loitar polos intereses do pobo. E claro cando todo-los esforzos van nise camiño, non quedan folgos para TRABALLAR. positivamente polo pobo e buscar solucions os problemas.
Dende logo penso que vai sendo tempo de cambiar os aires da Alcaldía e darlle una nova oportunidade a xente que parece ser ten ganas de TRABALLAR por todos, e non de traballar para o seus PETOS.
Saudos desde Barcelona.

Anónimo dijo...

Por certo, dixeronme que iste ano o Osorio e mais a Inés duplicáronse o Soldo a conta do Concello (E decir de todos NOS). Xa me diredes o moito que creedes que o merecen en vistas do moito que hemos progresado nos últimos anos. O que está claro es que eles si progresan a nosa conta......
Vergonzoso¡¡¡¡¡
saudos

Bautista Sotelo dijo...

Unha denuncia como a anterior debería vir acompañada de algunha proba. Esa persoa que che trasmitiu o segredo seguramente pode aportar algún documento que probe o manifestado. Si é asi, e a cousa representa un desproposito, faríamos unha entrada. Senón mellor non difamar.

Anónimo dijo...

Algo como el aumento del sueldo tendrá que ser aprobado por la comisión de gobierno. Esa documentación es pública.

Anónimo dijo...

Ben, chamarei a Galicia e direille a algén que o investigue. A verdade vay sendo tempo de ver "a Como tocamos"... xa que alguns estanse aproveitando de nos e estou mais que farto.¡¡¡ imolo ver de axiña se é certo ou non, pero, creedeme as miñas fontes son fidedignas e internas do psoe, e non creo que mintan.
saudos dende Barcelona

Anónimo dijo...

dende logo, non se pode limitar o caracter das intervencións nin o seu contido, tampouco se pretende, mais soio um pensamento: si se puxo en movemento o blog foi pra falar do castro, da súa situación e o seu futuro, de qué podemos facer pra milloralo e cómo, empezamos falando das iniciativas de peatonalización e ordenación da praza, e despois das reaccións (ou a falta de reacción) do concello semella que isto e un foro pra atacar ó alcalde e ó seu equipo
non me parece ben, xa que a maioría dos que atacan fanno dende o anonimato e sin aportar datos creíbles, non sei si pra simplemente sementar a dúbida ou por aquelo de "minte que algo queda"
non me parece noble, penso que debemos fuxir de iste camiño

Anónimo dijo...

Vese que se sabes moito. Non me parece importante soio probar que duas persoas do concello cobran máis. A nova sería que non hai lexitimidade para cobrar esas cantidades.

Anónimo dijo...

non pensades que nos estamos enterando de moitas cousas interesantes?que ben!Penso que deixando a parte a politica,Toño aparte de concelleiro é un home do pobo do que podemos falar ,cousa que antes non se encontraba unha persoa da oposición con algo de saber e sobre todo educación,esto ultimo vai pa persoa que sempre esta insultando: listo de turno,etc,etc.

Anónimo dijo...

Moitos profesionais deixaríamos de ser veraneantes si poideramos gañar salarios dese nivel no Castro.

Pero cal é o presuposto do Concello...?

Anónimo dijo...

Toño agradezcoche a információn e o rigor a hora de probar o manifestado.

Anónimo dijo...

Toño, poderías facer unha relación das grandes liñas de traballo do equipo de goberno do PSG o longo dos últimos tres anos. Por favor, mantén o rigor e intenta ser o máis obxetivo posible. A súa actuación é o único que pode lexitimar a subida de salarios e unha maior dedicación.

Anónimo dijo...

Con que concellos se asimila o Castro no salario...?

Anónimo dijo...

Comprobei o link ao que fixo alusión Toño, e efectivamente é correcto, soamente faltoulle por o final da dirección web .pdf para velo directamente.

Páxinas 23 e 24

http://www.depourense.es/boletines/2006/5/BOP2006525.pdf

Anónimo dijo...

O dos salarios está moi sabelo pero que pasa cas obras sen licencia.
Porqué cala a oposición...?
Porqué non denuncia as obras sen licencias que son públicas ...?
Un exemplo: O Grilo, o gran concellal de urbanismo de outro tempo, remodelou toda a cuberta sen licencia. Ise é o exemplo dos socialistas.
Xa está ben de calar e permitir que den leccións os que soio ven a palla no ollo alleo.
A oposición ten a posibilidade de comproba os expediente e pedir contas. Onde está o seu traballo.

Anónimo dijo...

Vaya, vaya... Dónde están los socialistas del Castro? ¿Qué entienden por socialismo? ¿Se empeñan en defraudarnos? y...
porqué se calla la oposición?

Anónimo dijo...

Teño que pedir disculpas o foro polo meu comentario de mais arriba e darlle as gracias a Toño polo seu post. Dende logo o da politica local e un chollo pra algunas. Nun Concello no que a mitade do presuposto vaise en sueldos, e que necesitemos duas dedicacions exclusivas con menos de duasmil persoas empadroadas, roncalle o C... Por certo, obras ilegais/feistas nista Vila temolas por todos lados e que van dende un lado a outro do panorama politico e non politico. Quizais o do "Grilo", mirando pra o Cimadavila sexa do que menos me chama a atención dende o meu Miradoiro do Toural.

Anónimo dijo...

Xa que estamos a preguntar, por que non lle preguntamos a Toño, en canto lle subiron o soldo a el no Servicio Galego de Colocación logo de vender os seus ideais nacionalistas e acceder a presentarse como cabeza de lista do BNG, por que non no lo aclara?

Anónimo dijo...

Estou totalmente dacordo co salario do alcalde, xa que me consta que si traballa. O que é de escándalo é o de Inés que non a pega, e o que fai mellor que non o fixera

Anónimo dijo...

Cando fixen un comentario a cerca dunha obra sen licencia (modificación do faiado do Grilo), refirome a unha obra de fai dous anos. Moito laiar dende a barra do bar a cerca dos corruptos que son os demáis e logo vemos como dan exemplo. Que fai o Concello. Mira para outro lado e a oposición, mira para outro lado, e o Bloque, é da familia. Asi son as cousas.

Anónimo dijo...

Este Toño e mais chulo ca pana raiada.... Critica o programa do psoe, pareceme ben, el é o do PP (ou do BNG, non se sabe). Agora do que ninguén no Castro sabemos nada é odo seu programa. Por varias cuestions, porque non o explicitan, porque non falan cos veciños, porque non viven con nos no pobo...

Anónimo dijo...

os asinantes non son residentes...
disponibilidades ecónomicas e técnicas...

Sr. alcalde acabouselle o conto dos cartos e da falsa progresía. Soio hai que ver quen forma o seu equipo de goberno.
Para levar a cabo as iniciativas de Amigos de Caldelas non é cuestión de cartos nin estar aillado polo P.P.
Soio é cuestión de vontade, de progresía, imaxinación e un pouco de cultura e ambición por mellora-las cousas.
É hora de ir pensando en formar un gran frente político independente para sacar da poltrona os que están a impedir o progreso de Caldelas.

Anónimo dijo...

para o da pana...
parece vostede estar ben infomado. Cales son as liñas do programa do PSOE de castro caldelas. Atopase publicado o programa o vaise facenso según conveña.
Ilustrenos. Agardamos pola información.

Anónimo dijo...

É curioso que comencen a aparecer respostas no momento no que se tocan os salarios do Osorio e da Inés.

O 50% do orzamento en salarios, pareceme moito para un pobo como Caldelas.

Con que persoal conta iste Concello para acometer os retos da sociedade do coñecemento na que anda metido o mundo.

Anónimo dijo...

Propoño facer o "partido dos non residentes". Empadronarnos todos de golpe, e a ver que pasa.

En serio, esperemos que non sexan soio boas palabras. Para non facer nada despois.

Anónimo dijo...

Estou totalmente a favor de peatonalizar o barrio do Cimadavila, sempre dacordo cos veciños que alí viven. Creo que esto sería doado. Pero penso que o tema de peatonalizar o Prado é algo o que lle hai que botar algo máis de sentidiño, maduralo e ver os pros e os contras. Non creo que sea algo para facer da noite para a maño. Explícome; posiblemente sexa unha boa idea pero habería que buscar lugares alternativos para aparcar os coches sobre todo no verán e nos fins de semana de neve. Tamén habería que ter en conta que na nosa vila paran moitos autobuses do catamarán, de visitantes da Ribeira Sacra e de Cabeza de Manzaneda. estes paran porque atopan un lugar axeitado para que se poidan baixar os viaxeiros a ver o pobo. creo que antes de lanzarnos de cabeza a piscina temos entre todos que estudiar como solventar este tema. O que si está claro e que nunha vila como a nosa non é viable a idea que alguén propoñía de facer un parquing co custo que esto supón, por tres razóns: 1.-para unha empresa privada non é rendible 2.- un concello como este non ten recursos 3.- outras administracións teñen outros temas prioritarios na comarca como a estrada a Monforte (que por certo vaise empezar a arranxar dentro duns dias)

Anónimo dijo...

Alegrámonos desa nova. A carretera de Monforte é moi importante para a revitalización de Comarca. Son tempos bós para Caldelas e si prente a mecha da ilusión poden ser moito mellores. Non todo depende dos cartos. Hai moitas cousas que se poden mellorar sen grandes presupostos.

Peatonalizar o casco histórico. cal é o custe...?
Ordear a praza, facendo que deixe de ser o aparcamento dos Bares...cal é o custe...?

Soio fai falta entender por onde van os tempos.

Anónimo dijo...

Respecto da praza, dacordo, hai que estudalo. A ASOCIACIÓN DE AMIGOS DE CALDELAS sempre falou de estudalo, PERO POR PARTE DE ESPECIALISTAS. Imaxino que o Concello si paga os salarios que dín que paga, tamén poderá pagar un estudo a un especilista que faga unha proposta que resolva todo-los intereses. Agora ben, o pobo ten que deixar de ser un aparcadoiro e xa é hora o propio Concello faga un estudo e nós diga os cidadans canto representan, os comedores de bica e saturadores das alcantarillas, en termos económicos, para a vila.

Anónimo dijo...

Acábome de enteran de máis inversións para a zona:Nos presupostos da Xunta 100.000 euros para o estudo de arranxo da estrada de Trives a Rúa. Nos Presupostos do Estado 200.000 para a primeira fase da construcción dun novo Cuartel da Garda Civil, 50.000 para algo no castelo (creo que é iluminación aínda que no presuposto non o pon) e 30.000 euros para a Vía Nova (aínda que non pon si é para obras ou promoción)

Anónimo dijo...

¡Pobre Bautista e pobre Campos!
Tantos anos de servilismo cos Osorios e cos grilos, para terminar abrindo a caixa dos tronos sen o pretender.
Eles non querían que se souperan todo-los trapos sucios do concello, pero mira por onde van saíndo cousiñas...
Máis vos vale cambiar pronto de tema, o deixar clara a vosa postura de apoio ó concello, porque a ver con qué cara vos poñedes diante do Mingos, que menudo é!

Anónimo dijo...

Esta moi ben eso da estrada que din "Caldelao". Pero me parece que eses cartos soio valen para arranxar algunas curvas e pouco mais. Eladito Osorio Jr. (cercano a osorio e no concelleiro) foi un gran Xestor e todos nos lembramos cando iba ca libreta debaixo do brazo para vixiar a obras do seu Pai antes de fundirse a empresa.
Que no nos vendan contos chinos, que xa os tivemos que soportar na epoca do PP. Que estamos fartos de Plans Galicia do PP e do Psoe/BNG. Que estamos fartos de Estudios sobre o Estudio das posibilidades de facer un Estudio. Que en Caldelas queremos solucions serias y reales, e non Castelos no aire.

Anónimo dijo...

Insinuas que o Bautista e o Campos facían servicios para o Osorio e o Mingos... e que clase de servicios...
a cousa comenza a porse interesante.

Anónimo dijo...

O sea que da peatonalización é para cumprir un encargo do Mingos que en realidade está a favor pero simula estar en contra. Xa me imaxinaba eu que istes tipos son ben complicados.

Anónimo dijo...

Cando o Osorio lles chama veraneantes é para despistar. Xa mo imaxinaba eu. Nada é o que parece.
Vai ser cera aquela canción de Manu Chao "Todo es mentira..."

Anónimo dijo...

Xa o pensara eu que o Bautista e o Campos estaban compinchados con Osorio e o Mingos.

Anónimo dijo...

Quién es ese Mingos, del que tanto hablais. Es un tipo muy peligroso. Que es de la mafía local. Sabe alguién si usa navaja.

Anónimo dijo...

A ver si me aclaro, el Campos y el Bautista son espias infiltrados que hacen trabajos para el conocido mafioso Mingos.

Anónimo dijo...

Dende logo, aquí cada un di o primeiro que se lle antoxa, sin respactar a nada nin a nadie. Habería que ter moito máis coidado co respecto a todas as persoas

Anónimo dijo...

resposta a "un do prado"

acabo de leer a túa intervención e non saio do meu asombro
¿que entendes tí por servilismo? penso que falas por falar sen saber,
persoalmente non me interesa contestar a iste tipo de intervencions especulativas e manipuladoras, que por outra banda non teñen ningún sentido
dende logo, cando puxemos en marcha iste blog foi con obxectivos moi claros e perfectamente explicados, así que non paga a pena voltar ó tema (leer comentarios anteriores)

en canto á critica ó concello, estase a producir mais por voces anónimas que por nós mesmos, sen embargo direite que non aforramos críticas as actuacions que consideramos desafortunadas do mesmo xeito que alabamos outras ben feitas (isto é un principio democrático básico)

persoalmente (cando firmo coa minha identidade falo soio por min, e por certo, firmo todas os meus comentarios) non podio apoiar un concello que actúa dista forma tan pouco intelixente independentemente da cor política que teña,tamén direi que non estou ó servizo de naide

Anónimo dijo...

outra cousiña
resulta descorazonador que as tendencias políticas que un sinte mais próximas, teñan un comportamento tan contradictorio co seu ideario
a resposabilidade do que lles pase é soio súa

Anónimo dijo...

Aquí alguns viron demasiado cine. Scorcese, vente po Castro que aquí tes argumento para unha secuela de "Infiltrados"!

Anónimo dijo...

A cousa pinta mal...

Anónimo dijo...

Leonardo, ...resiste!!!

Anónimo dijo...

tamén e certo que si non nos tomamos con humor certas intervencións non sei como vamos a sair adiante

¿pensades que o Mingos (non sei quen ó meteu niste embrollo) vai envenenar o meu café?

qué medo!!!
"un do prado" toleaches?

Anónimo dijo...

en cuanto os politicos.- unhos estan apoltronados no poder e non teñen ambicion.- outros non viven dia a dia na vila para saber cuales son as necesidades.
sei bautista que non che gusta a distincion entre os que viven aqui todo o ano e os que veñen de vacacions pero as necesidades palpanse mais dia a dia.

Anónimo dijo...

isto ultimo é ben certo, mais tamén hay xente que de tanto pasar por diante do problema deixa de velo e o asume como normal
por iso non ven mal unha mirada fresca inda que incómoda

Anónimo dijo...

É posible o que dís, de que as necesidades vense cando vives todo-los día nun sitio. Ainda que as veces o non ter perspectiva e non ves nada ou conformamonos que que nós dan. Curioso que sexan os de fora ( eu non estóu darcordo con iste calificativo ) os que poñan a nosa disposición iste foro onde se fala das cousas que interesan os Caldelaos. Son os de fora os que levan invertidos moitos cartos no castro e que son o ata de agora foron o verdadeiro motor da economía caldelá (pisos e casa que apeas utilizan, inversións sentimentais). Son os de fora os que fan que nas vacacións se mova un pouco a economía e haxa un pouco de vida.

Anónimo dijo...

En que quedou o dos infiltrados. Serven o Mingos ou non. E o Mingos, de quén é infiltrado...De Fidel Castro. O mellor é o tapado. O sucesor do de Lugo.

Anónimo dijo...

Nova con "chicha": En reuunión mantida no día de onte entre o Sr. Baltar (Presidente do PP de Ourense) con un/a persoa de Castro Caldelas decidiron cambiar o cabeza de cartel do PP en Castro Caldelas. É dicir "cepíllanse" a Toño polos nefastos resultados acadados nas últimas municipais e para intentar solventar o cisma que a súa imposición causara no PP de Castro Caldelas. O/a sucesor non é natural de Castro Caldelas, pero a diferencia de Toño si que vive no pobo.

Anónimo dijo...

Toño é un tipo que ten bastante nivel, un luxo para o P:P., imaxinamos que tan pouco é un tipo que encaixe ben no P.P. O mellor como independente, mantendo os mesmos votos e pactando con outras forzas futuras poderíase miñar o castelo do Sr. Osorio.

Anónimo dijo...

O Toño no Castro tivo os votos que tivo porque ía na lista do PP, non o esquezas, senón el non ten máis de vinte votos. Non o conoce ninguén

Anónimo dijo...

Notachese moi molesto con Toño. Non será que queres ocupar o seu posto. Tes unha idea a cerca da propiedade dos votos moi discutible.

Anónimo dijo...

Pero esta noticia no es ninguna novedad, ya se sabe desde hace tiempo que quien va a encabezar es Paco (el de Pedrouzos)

Anónimo dijo...

Pois se fose verdade que os do P.P cambian o Toño como cabeza de lista (Que é unha persoa penso que culta e competente e que podería aportar novos aires a nosa Terra), polo Paco de Pedrouzos, que coma todos sabemos, vai a sua, e só entende de Ganaderia, e non de política, entón O POBO ESTARÁ BEN JODIDO, e o Osorio Ben CONTENTO da nova fichaxe do P.P.
Doeme só Pensalo¡¡¡¡ Vaia dous Políticos teriamos para elexir. OSORIO ou PACO
de ser certo caerase o "POBO A CACHIÑOS". Que Triste¡¡¡
saudos dende Barcelona.

Anónimo dijo...

Pois eu tamén o oín, que o candidato de Baltar é Paco, o tránsfuga

Anónimo dijo...

Unha pequena análise: Hai oito anos o Psoe ganou en Castro Caldelas por tan só 19 votos, e só se presentaban o PP e o PSOE. Hai catro anos o PSOE acadou 972 votos (7 concelleiros), o PP 415 (2 concelleiros) e o BNG 79 votos (0 concelleiros). Segundo saiu na prensa ó día seguinte, lembro que dicíqa que era o 2º pior resultado do PP en toda Galicia. O día das eleccións moitos ex-concelleiros do PP fixeron alarde de votar en branco ou o PSOE. Despois desta pequena análise, voós credes que os que mandan no PP van a ser tan burros de volver a presentar un candidato tan pouco rentable para o Partido Popular?. O PSOE si que se debe estar frotando as mans, pero si sabe que é Amaro o cabeza de lista. Calquera outro do pobo lle pode facer moito máis dano.

Anónimo dijo...

A o anónimo... dende Barcelona

Tanto esforzo en reiterar que emites dende Barcelona levame a pensar que estás moi perto do Castro.

Anónimo dijo...

Es sorprendente lo que cuentas. Un candidato de cierto nivel (Toño), como se ve en sus intervenciones, y que solo consiga 400 votos. Un candidato gastado, que lleva tantos años como Fraga, con muy pocos éxitos, consigue 900 votos. Algo de encanto especial debe tener Osorio Castro, el ilusionista, para ese logro y no me creo que la gente esté dormida por el mal de la altura.

Anónimo dijo...

Os que aqui escribides vades ter que ir a ver a Baltar a ver si vos deixa presentar a vos polo PP, porque polo que se ve estades todos en contra do Osorio.
Dende Buenos Aires (como diría o de BCN)

Anónimo dijo...

Pienso que los Amigos de Caldelas deberían formar una candidatura y presentarse. Se necesita una propuesta nueva que nos ilusione. El pesimismo actual, de ir muriendose, sin hacer nada, me pone de mala leche.

Anónimo dijo...

Neste espacio tan cosmopolita no que entra xente de Barcelona, Bos Aires, etc... sorprende que o final o que corta o ballao é o padriño Baltar. Que mal soa iso de que Baltar decide, Baltar rectifica... unha persoa vai falar con Baltar e vanlle cortar a cabeza o Toño... esto supera ó dos espias...onde queda a democracia interna dos partidos. Para cando a quiebra de Baltar S.A.

Anónimo dijo...

Home eu non sei ti de onde es? Ou e que acaso non sabes como funciona o PP na nosa provinza?. Esto é república independente no PP. O que di D. José Luis vai a misa. Así é como funciona este partido tan moderno que dirixe Núñez Feixoo en Galiza

Anónimo dijo...

Necesitamos mudar o aire. Que entre aire fresco. Unha candidatura independente, con un bó programa. Moita imaxinación para os tempos de decadencia e crisis.

Xa non é cuestión soio de cartos...

Anónimo dijo...

si esta noticia se confirma (o cambio de candidato do PP) penso que o PP perde un bó elemento que por outra banda non parece que encaixara moi ben nise ambiente
non sei si Toño vaise animar a montar outra candidatura (independente por exemplo) xa que por o que dicen algunhas das opinions que vexo, non parece que poida ter moito apoio, pero agora pode ser unha voz mais libre niste debate, se agora non ten que manter unha disciplina de partido, as súas opinions poden ser mais frescas e interesantes

a mín tamén me parece que está por riba do nivel medio dos políticos locais

Anónimo dijo...

Como se nota que non vivides en Castro Caldelas moitos de vós e que ó Toño só o coñecedes de oídas. A mellor definición desta persoa é: bluf

Anónimo dijo...

En esta legislatura yo fui a dos plenos, y tuve la oprtunidad de conocer alli a Toño (Nunca lo había visto por el pueblo). Esos días se debatían temas referentes a mi pueblo (Sas de Penelas). La verdad que salí conun sabor de boca muy malo. El nivel de los dos concejales del PP es bajísimo. En uno de los plenos se debatían también los presupuestos y las intervenciones del Partido Popular eran casi nulas. Me pareción que Antonio Amaro "pasaba de todo".
Lucita G.R.

Anónimo dijo...

Cada pau que aguante a súa vela...

Anónimo dijo...

alguen pode decir quen e o novo candidato. estou moi interesado.
saludos desde francia

Anónimo dijo...

O novo candidato é Franciso Rodríguez ou Paco da Pousa, máis coñecido como "O tránsfuga". Un paxaro que hai 11 anos ía nas lista socialistas e a metade de lexislatura vendeu os seus facendo unha moción de censura. Esta é a clase de tipo que vai presentar o PP no Castro. E cando o presentan será porque é o mellor que teñen.

Anónimo dijo...

Que se forme un grupo independiente.¡Ánimo!

Anónimo dijo...

¿quién se ha dado por aludido???tiene gracia animarse unos a otros pensando que lo van hacer los demás. ¿Alguien se ofrece???

Bautista Sotelo dijo...

E Toño, non dí nada.
Toño, estás ben. O da cabeza... será soio unha metáfora.
Tantos movementos nesta entrada necesitan unha resposta do portavoz do P.P., mentres non se demostre o contrario.
Esperamos que te atopes ben e continues participando neste foro cas túas opinións.

Anónimo dijo...

Había por ahí un que falaba de Baltar S.A. Está moi trabucado, Baltar é S.L.

Anónimo dijo...

Toño está calado
Toño esta acabado

Anónimo dijo...

si as cousas son como se dí nos derradeiros comentarios e Toño xa non é o portavoz e candidato do PP, entendo que se senta ferido e non lle pete seguir a participar, persoalmente invitoo a non perder o fío
non sei se sigue vinculado ó partido ou non, ise sería un dato aclaratorio
en todo caso, sigo a pensar que a súa opinión en tanto que caldelao preocupado polo seu pobo,é tan interesante como a que mais

tamén teño pensado que en algún dos seus comentarios a súa intención era de desgastar ó consistorio actual, utilizando este foro como boa publicidade á falla de outros púlpitos con mais audiencia, non me parecía ben, pero tendo en conta que eiqui fala todo o mundo, cada un saberá distinguir as intencións de cada quen e sacar as propias conclusións

doutra banda, se o tal Paco é o novo candidato do PP tal vez nos visite algunha vez, é nos diga os seus propósitos e a súa opinión, tende en conta que ó que fixo ó Toño de participar e identificarse non ó fixo todavía naide do concello nin do bloque, logo parece que hay que ter certa valentía que algúns inda están xuntando

Anónimo dijo...

Sinceramente penso que niste noso Castro non haberia diferencia se mandara o PP ou o PSOE (O Bloque non existe). Os resultados serian os mismos. De feito a forma de gobernar e de buscar os votos dos do Psoe son cagadiñas a o que fai o pp no resto da provincia.

Anónimo dijo...

Non sei de onde sacades a "Desinformación" que pregonades. Toño, sigue sendo o candidato do P.P e non vai a cambiar iso por moito que se especule, seino de boa tinta...., se non, a o tempo.... algún preferirá calar antes de meter a pata¡¡¡moi a pesar de algús....
Se polo de agora cala é porque non lle gusta entrar no trapo de istas falacias e ataques, prefire facer "Algo Positivo polo Pobo" e non entrar en absurdas especulacions sen sentido.

Anónimo dijo...

eu non sei mais do que se comenta eiquí, si non é certo penso que Toño debería aclaralo
Non entendo que dispois da súa entrada, e o seu compromiso, non faga ningún comentario xa que dista forma seguen as especulacións
tampouco é que me quite o sono quen sexa ó candidato do PP ...

Anónimo dijo...

Este Campos crese Dios. Quen esti para esixirlle a ninguén que aclare ou desminta nada? Quen es ti para esixirlle o PSOE ou o BNG que se identifiquen? Quen es ti para dar leccións de nada? Chavalote rebaixa o ego que che vai votar a voar e non o vas a dar collido

Anónimo dijo...

mira home, eu non esixo nada, tal vez non o leiches ben
tampouco entendo que tí sexas capaz de xuzgarme desta forma tan agresiva
cando eu non o son, e dende logo tí non me coñeces
eiqui leemos moitos, e escrivimos menos, e os que tomamos a decisión de identificarnos dende ó principio é por que non temos medo de ataques como o teu
doutra banda, direi que se me parece interesante coñecer a posición do PSOE (concello) ou a do BLOQUE é por que estamos a falar do meu pobo, e supoño que as xentes que o gobernan ou pretenden facelo estarán interesados en que se coñezan as súas posturas, iste é un bó púlpito xa que parece que cada vez somos mais
xa é pouco atractivo que os políticos non sexan capaces de transmitir as súas ideas cando teñen a oportunidade, pero que aproveitando o anonimato soio sexan capaces de verter insultos faino dobremente triste

Anónimo dijo...

Lord Casfields, no meu diccionario Cogumelo sí figura. Como sinónimo de chouparro. ¿Ou tivemos o prazer de atopar un fundamentlista da lingua? En todo caso, as setas que envía están envenenadas. Saúde!

E sobre todo, bon humor!

Anónimo dijo...

Pois a min dame igual o partido do Toño, eu voulle votar ó Toño, a pesar que sempre fun de votar ó Bloque. A min paréceme que Toño é unha boa persoa, como toda a sua familia. Sempre foi respetuoso, educado, culto e discreto. Non ten ningún ansia de protagonismo e é unha persoa sinxela e con ilusión polo pobo.
E dame igual do partido que sexa porque sei que é un home xusto e recto.
E por moito que digades é un home do Castro de toda a vida.Él e toda a sua familia son do Castro desde moitas xeneracions, o que non acurre ca xente que hai no concello...
Eu voulle dar unha oportunidade, aunque só lle vote eu.

Anónimo dijo...

Estoy de acuerdo con lo que se ha dicho con respecto a Toño, a su manera de ser. Las generaciones que vivimos en el Castro durante los años 70 y 80, sobre todo, sabemos, o por lo menos los próximos a mí, que siempre fué una excelente persona, muy admirada por todos nosotros. Un tío trabajador, legal y con las cosas muy claras. Después nos fuimos yendo todos, y las relaciones cambiaron. Ahora sólo nos vemos en verano, y no todos los veranos. Pero los que vivimos esos años en el Castro creo que seguimos teniendo un vínculo especial.
Yo animo mucho a Toño por el valor que ha tenido al ponerse al frente de las listas de un partido minoritario en el Castro, y expuesto a todo tipo de insultos y descalificaciones.
Enhorabuena, de verdad.

Anónimo dijo...

Home os do Concello tamén son deiqui. Non deberías xugar con estas cousas.

Anónimo dijo...

É certo, non o ten facil.

Anónimo dijo...

Non virás... con que os do Concello tamén son veraneantes.

Anónimo dijo...

Joder esta que escribe aqui arriba como se nota que é da familia do Toño

Anónimo dijo...

hay un comentario (ánónimo claro) que ataca a "Campos" muy violentamente
independientemente de que acusa en falso, a esta persona me gustaría aclararle que para interpelar a los políticos y a los partidos no hace falta ser nadie
o ¿le parece a usted poco con que seamos simples votantes?
a los concejales,alcaldes, presidentes ... los elige el que vota, y además les pagamos el sueldo todos los contribuyentes, por tanto ¿quién con más derecho a exigirles cuentas que sus propios administrados?
o es que usted cree que todavía estamos en tiempos remotos en los que un gobernador civil era efectivamente "alguien"?

Anónimo dijo...

Alguen mais arriba fai un comentario certamente xenofobo sen saber que o pai de Don Antonio e o resto de irmans Gonzalez Amaro non era galego. As persoas non son mais uns que outros nin polo lugar en que naceron, nin polos seus cartos, nin polos seus estudos. Creo que a familia do Bautista ven de Mazaira e a do Campos ven de Trives pero ambolosdous son Caldelaos,como moitos de nos, porque amamos profundamente a esta Terra de Caldelas.

Anónimo dijo...

Rodesio, cal é o comentario xenofobo? Dinos en que posto está, que si non temos que volver a ler todo.Gracias

Anónimo dijo...

"El usuario anónimo dijo...
Pois a min dame igual o partido do Toño, eu voulle votar ó Toño, a pesar que sempre fun de votar ó Bloque. A min paréceme que Toño é unha boa persoa, como toda a sua familia. Sempre foi respetuoso, educado, culto e discreto. Non ten ningún ansia de protagonismo e é unha persoa sinxela e con ilusión polo pobo.
E dame igual do partido que sexa porque sei que é un home xusto e recto.
E por moito que digades é un home do Castro de toda a vida.Él e toda a sua familia son do Castro desde moitas xeneracions, o que non acurre ca xente que hai no concello...
Eu voulle dar unha oportunidade, aunque só lle vote eu."

Voltamos a o clasismo de antes onde solo era alguén o que levaba o "Don" diante do nome e se demostraba a pureza de sange de ser do Castro de toda a vida o mesmo tempo que se despreciaba a xente que vivia nas aldeas.

Anónimo dijo...

Rodesio, ese comentario del anónimo, no debe ni ser tenido en consideración. Tenemos que recordar que la mayoría, practicamente la totalidad del pueblo hace muchas generaciones que supero ese clasismo. Recordemos que el Osorio es de Mazaira,( una parroquia, no el del Castro), y ya pudimos ver que las últimas elecciones las gano no precisamente por los pelos....

Un saludo.

Anónimo dijo...

Rodesio comparto as tuas afirmacions sobre o comentario xenofobo. Eu considero tan do Castro a Inés como a Osorio, como a Amaro, como a Niní, etc... Unos nacieron aquí, otros no por circunstancias de la vida y otros nacieron fuera y decidieron dedicar su vida a Castro Caldelas. Son tod@s tan caldelaos como el que mas

Anónimo dijo...

Y digo mas: caldelao se debe considerar tod@ aquel que construye Caldelas, como puede y desde donde puede. y lo dice alguien que vive todo el año aqui y que nacio aqui. Estamos dispersos pero tod@s trabajamos y estamos empeñados en lo mejor para nuestro concello.

Anónimo dijo...

Somos unha xeográfía human moi ampla, con referencias a un espazo, pero con miras máis amplias que ise propio espazo.

Anónimo dijo...

alguen me pode dicir a lista ou o candidato do pp nas proximas eleccions. que e o paco, diego, aurora, toño etc

Anónimo dijo...

creo que e o palletas

Anónimo dijo...

No seria un mal candidato, parece inteligente... y no parece mal chaval.

Anónimo dijo...

Pois eu en lugar do fillo do Pallón, prefiro o Eduardo ou a don Luis o médico, o do Pallón ainda e moi novo.

Anónimo dijo...

o Luis o médico no PP?? jaja que confundidos estades

Anónimo dijo...

De que Aurora falades...?

Anónimo dijo...

Falamos de AUDODA

Anónimo dijo...

agora como tema da autovia creo que e de vital importancia coñecer quen e o candidato do pp--
ou xa non interesa

Anónimo dijo...

Máis ca o candidato, o que interesa e saber o equipo, as propostas e as ilusións cas que conta.

Anónimo dijo...

Mira Toño poderas tirar moitos foguetes ó aire, agora non nos veñas con que o PP de Castro Caldelas é democrático. Explícame como se elexiu os últimos candidatos do PP no noso Concello. Falo de Rafa, de Pepito e de ti. Escolleuvos Baltar, non a democracia. Nestas últimas eleccións o candidato era Paco, elexido democraticamente, pero chegou Baltar e dixo que o candidato eras ti, e fuches ti. Asi que non nos deas clases de democracia nin ti nin o PP a ninguen de Caldelas. Que xa está ben de quedar coma un bon home eser un mintireiro. Que nos conocemos todos.

Anónimo dijo...

seguemos sen saber quen e o candidato tanto vos gusta escondelo; ou esperades a decision de gran baltar.
asi ides mal, muy mal. Regalades as eleccions o PSOE, FENOMENOS.

Anónimo dijo...

Nestes dias que esta tan de moda o tema urbanistico, gustariame saber de quen e o chalet no que vive o alcalde do castro.

Anónimo dijo...

O do chalé non é ningunha novedade. Moita xente sabe de quen é, e porqué o usa o alcalde...

Anónimo dijo...

Si, seica ten un Miró no baño. Nada, como en Marbella, xa o decía eu,... e o mercedes que ten (que se cae a trozos), tamén é un regalo dos especuladores, polas recentes recalificacións do concello, que non hai nada máis que mirar todo o que se constrúe. Voulles mandar un mail o dos Aquí hai Tomate, para que fagan un especial.

Bautista Sotelo dijo...

A verdade, acusar anónimamente, sen dar datos, non me parece moi correcto. Amigos de Caldelas non está dacordo con opinións vertidas eiquí que atacan a Osorio, persoalmente. Permitimolas en aras da liberdade de expresión pero non compartimos as inxurias ou calumnias que se podan verter.

Anónimo dijo...

Foi o toño, que a veces esquécese de firmar os comentarios.

Anónimo dijo...

Non é ninguhna acusación, ou ¿acaso non sabes que o señor alcalde é insolvente?. Creo que é de dominio público que ten unha condena por fraude á Seguridade Social, xa que non pagaba o seguro dos empregados cando tiña unha constructora. Non creo que con esto esté a acusar a naide, porque se no no sabes é moi fácil enterarse. Non ten nada ó seu nome, e tampouco o chalé, que creo que era do Manolo de Seoane, e tamén o famoso mercedes. Tamén se dice que o Manolo está agradecido por darlle permiso para edificar nun lugar donde os anteriores alcaldes non lle deixaran, donde está ahora a perruquería e o Clarete.
¿Queres mais datos?
Ah, e non son o Toño, nin siquera o coñezo. E supoño que tí serás o Juan luis, non?

Anónimo dijo...

si tenéis acusaciones que hacer, este no es el lugar. Los chismes sean ciertos o no (aunque solo por ser chismes ya son sospechosos de duda)son puñaladas traperas y cobardes.

Anónimo dijo...

pOR CIERTO, "creo que era de... Tamén se dice que....." Eso son chismes.

Anónimo dijo...

os politicos deben ser valorados por o seu traballo polo concello non por os seus temas persoais sempre e cuando non interfieran no patrimonio de dominio publico

Anónimo dijo...

no castro non hai oposicion. non existe e nula.¿onde estan?
o sr. osorio regalanselle as eleccions. o pp sen candidato e bng non existe.
señores do pp e amigos de caldelas se tanto os interesa o pobo presentade unha candidatura acorde cas necesidades que o pobo necesita
poñanse dacordo para derrocar o gran osorio.

Bautista Sotelo dijo...

O obxetivo de amigos de Caldelas non é presentarse como opción política, pero alentaremos e axudaremos as opcións actuais ou novas que merezca a pena e axuden na procura dos obxetivos suscritos por a nosa asociación.

Anónimo dijo...

Sigo sin crer que non hai nada detrás de tantas molestias, máis que a busqueda de millorar as condicións de vida de nos os pobriños caldelaos. Non me extrañaría nada ver unha candidatura independiente totalmente lexítima, é máis encantariame, por que así poderiamos ver todos quen se oculta detrás do fume, e con que apollos reais conta. E segundo querido anónimo, derrocanse os reis ou os tiranos, e o Osorio, nin é unha cousa nin a outra. E o noso alcalde. Nin mellor nin peor que outros, nadie lle regalou as eleccións, ganounas a sua candidatura. E o que si é certo, e que si cada un ten o alcalde que merece, nos merecemos máis ben pouco, pero dentro do malo, e sin dubida, o mellor. Ocorresebos un alcalde mellor?

Anónimo dijo...

Paula, muller, disfruta un pouco e agradecelle os Amigos de Caldelas que animen iste aburrido oasis ou é que che preocupa algo...?

Anónimo dijo...

Filla, a min animar, animar tampouco é que me animen moito.A min non me preocupa nada muller. Cheirame a chamusquina e non e vertedeiro do Teso¡¡

Anónimo dijo...

Non aportas nada interesante o debate. Tí sabrás de que vas...!

Anónimo dijo...

Non entendo o pobo de Castro Caldelas, ou si, xa non sei que pensar. O pobo critica a Toño, e cada un e libre de criticar a quen queira, pero o que non entendo e como un pobo pode xuzgar sen sequera saber o que Toño seria capaz de facer no concello, e explicome, o pobo prefire seguir apoiando a un alcalde que despois de moitos anos no poder ainda non foi capaz de facer absoluamente nada por o pobo, salvo fundilo cada dia mais. Senon explicademe que de proveito fixo por o pobo. Despois ainda encima o gupo do PSOE ten a desfachatez de criticar a os que temos que buscar a vida fora do castro, pero que alguen me explique que futuro ten un rapaz novo no castro, que ortunidades de traballo, que esperanza de progreso, non vos engañefes a vos mesmos... Senon remitindonos a os ultimos catro anos xa por non afondar mais, temos un concelleiro de xuventude e deporte que explicademe a min que fixo pola xuventude ou por fomentar o deporte no castro, porque ainda que non o creades a xuventude ten inquedanzas e necesidades que o de salir ce copas, e salese de copas porque, ofrecennos algo mellor, que fai o noso concelleiro por millorar isto, e o que e mais grave, que fai o señor alcalde para poñerñe as pilas. O unico que fixo foi crear unha asociacion tal "o irrio" ou algo asi porque coñeciana no pobo o alcalde os seus quridos fillos e os amiguiños deles, e o resto coñociamola de oidas, por que se cobraron ahi por ser uha asocicion xove para cursos e cmais cousa que nunca se fixeron, e por que fai tempo que non se sabe anda deles, tera algo que ver a oposicion o mellor si, tera que ver tamen a oposicion con que a filla da nosa concelleira dde cultura estivera contratada traballando no concello, cobrando unhos cartiños e que non pasara polo concello nin para firmar o contrato, e que esa oposicion que tanto criticades sacou a luz, e asi mais cousas que se foramos a os plenos ou preguntasemos saberiamos, porque xa estou canso de escoitar criticas sen fundamento o grupo popular, que nestes ultimos catro anos traballou mais na oposicion dos que todos credes, porque eu encargueime de averigualo, e por moito que digades o noso alcalde dorme menos tranquilo dende que Toño estas na oposicion. Asi que non critiquedes a alguen o que non lle destes a portunidad e criticade o que tedes na alcaldia que sigo preguntando, ¿que fixo polo noso pobo? Nada. Un saludo

Anónimo dijo...

Non entendo o pobo de Castro Caldelas, ou si, xa non sei que pensar. O pobo critica a Toño, e cada un e libre de criticar a quen queira, pero o que non entendo e como un pobo pode xuzgar sen sequera saber o que Toño seria capaz de facer no concello, e explicome, o pobo prefire seguir apoiando a un alcalde que despois de moitos anos no poder ainda non foi capaz de facer absoluamente nada por o pobo, salvo fundilo cada dia mais. Senon explicademe que de proveito fixo por o pobo. Despois ainda encima o gupo do PSOE ten a desfachatez de criticar a os que temos que buscar a vida fora do castro, pero que alguen me explique que futuro ten un rapaz novo no castro, que ortunidades de traballo, que esperanza de progreso, non vos engañefes a vos mesmos... Senon remitindonos a os ultimos catro anos xa por non afondar mais, temos un concelleiro de xuventude e deporte que explicademe a min que fixo pola xuventude ou por fomentar o deporte no castro, porque ainda que non o creades a xuventude ten mais inquedanzas e necesidades que o de salir ce copas, e salese de copas porque, ofrecennos algo mellor, que fai o noso concelleiro por millorar isto, e o que e mais grave, que fai o señor alcalde para poñerñe as pilas. O unico que fixo foi crear unha asociacion tal "o irrio" ou algo asi porque coñeciana no pobo o alcalde os seus quridos fillos e os amiguiños deles, e o resto coñociamola de oidas, por que se cobraron ahi por ser uha asocicion xove para cursos e cmais cousa que nunca se fixeron, e por que fai tempo que non se sabe anda deles, tera algo que ver a oposicion o mellor si, tera que ver tamen a oposicion con que a filla da nosa concelleira dde cultura estivera contratada traballando no concello, cobrando unhos cartiños e que non pasara polo concello nin para firmar o contrato, e que esa oposicion que tanto criticades sacou a luz, e asi mais cousas que se foramos a os plenos ou preguntasemos saberiamos, porque xa estou canso de escoitar criticas sen fundamento o grupo popular, que nestes ultimos catro anos traballou mais na oposicion dos que todos credes, porque eu encargueime de averigualo, e por moito que digades o noso alcalde dorme menos tranquilo dende que Toño estas na oposicion. Asi que non critiquedes a alguen o que non lle destes a portunidad e criticade o que tedes na alcaldia que sigo preguntando, ¿que fixo polo noso pobo? Nada. Un saludo

Anónimo dijo...

Sabemos algo de la lista del partido popular para las municipales? Quien va en la lista?