lunes, marzo 26, 2007

É o momento de move-lo peto por Elena




Nunca tantas veces soara o nome de Castro Caldelas, agora tocalle o turno os veciños, hai que move-lo peto pola Elena.
Envia FAVORITO ELENA ó 7788, ou chama 905411541 ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Elena Pérez, unha estrela para a Terra de Caldelas...":

Boas, o concurso "Son de Estrelas" no que CALDELAS está representada por Elena está na segunda fase, da que xa se emitiron 2 programas dun total de 11 que terá.
Esta fase é un sistema de liguiña parecido ó do futbol, compiten nela 12 comarcas e enfrontanse entre elas como si fose un partido de futbol (6 enfrontamentos cada semana de 2 comarcas).
De cada enfrontamento un xurado decide si ten un gañador que se leva 3 puntos (o perdedor ningun); ou si hai un empate, neste caso leva 1 punto cada un. A estes puntos que van tendo cada semana sumanlles os puntos que tamén lles dan os votos du publico por telefono 3, 2 ou 1 segun os votos de cada semana; é o final o que máis puntos teña gana o concurso.
Na primeira semana Elena e 3 máis estaban de primeiros con 3 puntos, 4 de segundos con 1 punto, e os outros 4 con 0 puntos.
Despois da segunda semana, vai en cabeza unha rapaza con 8 puntos, 2 de segundos con 4 puntos, e Elena con outros concursantes con 3 puntos na terceira posición.
Elena faino moi ben, o certo e que está deixando o pobo en moi bo lugar, tendo en conta que non recibe ningun punto de votos por telefono (que son os que deciden o ganador, xa que unha persoa podese levar 33 puntos de votos en total sin ter ningun mérito). Quero dicir que ainda que ela gane todos os enfrontamentos que lle quedan, acadaria un total de 30 puntos; e podese dar o caso de que outra persoa sin ganar ningun enfrontamento teña 33 puntos que lle deron via votos por telefono.
Todo isto ven a que temos que apoiala, a que temos que rascar un pouco o bolsiño e mandar algún sms ou chamar por telefono (cousa que se pode facer desde calquera sitio)
O telefono para votar é 905411541 ou tamén enviando unha sms o 7788 co texto: FAVORITO ELENA
Os votos hai que facelos desde o Sabado as dez da noite ata o luns as cinco da tarde. Pídovos a todos os veciños do pobo a que chamedes e votedes todas as semanas as veces que poidades, e que llo digades a toda a xente que coñezades para que sexamos máis a votar e así lle podamos sumar algúns puntos a Elena que nos está a representar a todos.
Cada pouco irei contandovos como vai a cousa.

BAUTISTA, Graciñas pola páxina, e anima a xente a que participe votando

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non vou mover nin un dedo por ela. E raro que cando se empezou a falar do casting que en Castro Caldelas non puxesen papeles para sabelo e apuntarse como fixeron en tódolos concellos, pois ai xente que ¡¡VALE!! para levar o nome de caldelas a televisión. Ela Non!!!
Con esa curseria que ten non é caldela para nada.

Anónimo dijo...

Eu tampouco vou a votar por ela. Veme polo pobo e non me fala e agora vou a animala. Deso nada.
Todo isto son pamplinas seguro que si se presentase calquera outra persoa do pobo estariamos orgullosos e o apoiariamos en todo a ela moi pouca xente.

Anónimo dijo...

que par de parvos

Anónimo dijo...

Cada persoa e libre de pensar o que queira, ti non eres naide para insultar. Eu somentes dou a miña opinión.
Saudos.

Anónimo dijo...

parvo, pequeno, estreito de miras
non é un insulto, é un diagnóstico

Anónimo dijo...

¡canta envexa hai no Castro ...!
Cantos menos somos, menos nos axudamos... IMOS DE CÚ

Dame noxo escoitarvos

Anónimo dijo...

Envexa!!!
Para nada, eu tampouco vou a anima-la, non é unha persoa que me agrade, é por moito que sexa do pobo, non é por envexa, senón porque para min non merece apoio pois a min coma outras tantas persoas non me gusta.
Penso, que os insultos hacia os outros comentarios sobran, pois somos libres de apoiar o que nos dea a gana e a quen non dea a gana.

Anónimo dijo...

Ademais "ten que saber cantar ben"
Ou mellor dito "ben mellor que os outros".
Non solo por que sexa de O Castro hai que votar por esa persona !

Anónimo dijo...

Debes de ser un resentido por non ter o beneficio do seu amor ou algo por o estilo... descansa xa home e chama...