domingo, noviembre 12, 2006

Mais opinións e lembranzas


Foto do Castro dende o aire (feita nos sesenta...?) atopada no sotano do antigo concello, por un sobriño da Carmiña do Bolero, de autor anónimo.

O Bautista anda detrás de min e de outros para grabarnos coa súa cámara mentres contestamos á pregunta sobre o que mais nos gusta do Castro e o que non nos gusta.
Eu levo tempo esquivandoo con excusas varias.

E cando consigo quitarme de enriba a presión quedo a pensar ¿qué é o que me gusta a mín do Castro?, ¿qué é o que non me gusta?

Gústame percorrer as rúas, sobor de todo no “Cima da Vila”, e revivir cando era neno, e gústame como era o Castro entón.

As minhas lembranzas mais antigas chegan á época na que ainda íamos a escola vella, ó lado do cuartel da Garda Civil, aquelas aulas nas que estábamos mixturados varios cursos, onde ainda exercía o seu “doloroso” ministerio D. Santiago Salgado, figura mítica e temida entre os nenos, a quen lle debo o meu primeiro contacto co medo.

Lembro que nos recreos íamos a guichar nas cuadras do cuartel para ver aqueles cabalos que nos parecían enormes. Lembro cando os gardas sacaban os cabalos para facer exercicio no patio dando voltas arredor guiados por unha corda, espectáculo que os rapaces víamos dende a rampa coma se fose o mesmo circo.

Lembro cando se subiu o colexio “o toural” e como naquela mudanza pra unhas instalacions novas e limpas perdeuse un pouco de maxia.

Lembro a doña Sarita e a súa recurrente narración do día da fin da guerra incivil. Lembro os outros mestres antigos, doña Milagros, don Isaías, don Domingo, e outros xa desaparecidos…

Lembro as correrías polo prado da devesa, sempre atentos ó Xesús dos Pilos que nos botaba de alí por que lle pisábamos a herba que pacían as súas vacas. Lembro aquela aciñeira á que trepavamos con tanta facilidade, e como o chapapote que “alguén” derramou pra impedilo deixou sinalados os pantalóns de toda unha xeración de trepadores.

Lembro os xogos na praza, cando xogábamos ó futbol, con algún mozo facendo de porteiro no murallón, o Mingos centrando, e unha morea de rapaces mais grandes e mais pequenos loitando por rematar de cabeza. De cando en vez tiñamos que parar por que pasaba un camión. Pero de seguida continuaba o xogo.

Lembro xogar ó rebumbio diante da eirexa cunha soia portería e dous equipos, lembro xogar ó brilé, ó pañuelo, e ó “azurriaga la melondra” no muro detrás da sacristía.

Lembro baixar á praza, a carreira dende “o cima da vila”, dispois da catequesis impartida pola Candidita os días antes da nosa primeira comunión. Lembro como un par de días antes, a cabeza do Gabriel atopou no aire un croio de bon tamaño, que lle deixou ben sinalado, e por iso aparece nas fotos, ó lado do Alfredo e a Ruth do Carballo, cunha vendaxe da que xa non se vai librar nunca.

Lembro vagamente os tempos do entroido, os días de compadres e de comadres, as panxoliñas e os días da fariña cos rapaces e as rapazas correndo por todo o pobo agachándose uns dos outros.

Lembro como ó final do vran chegaban as festas dos Remedios, como os rapaces íamos a aparellar as bandeiras (si nos deixaban os mais maiores) como se tendían uns cordeis no sótano do concello antigo e como os mais maiores se repartían o mando, un no pupitre, untando con engrudo banderolas e bandulinas, outro no tendel, colocándoas na corda. E como os rapaces pequenos trasegábamos dende unha posición a outra como unha cinta transportadora en movimento orgulloso e imparable.

Lembro como nises días de preparación das festas os pequenos vivíamos nun contínuo sobresalto, xa que víamos ó Irrio por tódalas esquinas, disposto a quentarnos o cú ca súa bimbia.

Hoxe vexo istas lembranzas con nostalxia e doume conta de que en todas coincide un denominador común: a liberdade que tiñamos os nenos pra ir de un lado a outro do pobo sen risco e sen medo, como naqueles tempos podíamos elexir a zona dos nosos xogos sen temor a un atropello ou cousas piores.

É claro que non podemos pretender voltar a aquel tempo, nin modificar o tren da vida pra voltar atrás, mais ¿non poderíamos ver de qué forma os nenos de hoxe teñan algo de aquela liberdade, e os pais algo de aquela tranquilidade?
Por suposto que os coches son inevitables, mais non tan importantes como pra darlles a prioridade total. Cada quen no seu eido, penso que se poden artellar fórmulas pra millorar a convivencia entre humanos e mecánicos, mais tamén que a prioridade debe estar nas xentes, non nos medios.

Os espazos públicos deben ser de uso da xente, sen coaccións de ningún tipo. Nin pola mecánica nin polo abuso de outros que, amparados pola costume, pensan que a rúa lles pertence.


Outro día falarei do que non me gusta.

Carlos Vázquez “ Campos”

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Santiago era maior e non tiña paciencia pero non era tan malo, non, sí.

Anónimo dijo...

Os mestres non eran malos pero tiñan a vara sempre perto. Cada neno vivía dunha maneira o broblema.

Anónimo dijo...

La libertad para correr por las calles y la facilidad para encontrar a los amigos/as creo que son los mejores recuerdos de todos aquellos que tuvimos la suerte de vivir en un pueblo.

Anónimo dijo...

Me olvidaba, la foto es impresionante, preciosa.

Anónimo dijo...

Certo, Don Santiago pegaba moitos, pero foron paus moi productivos. Mellor laiarse por os que non deu.

Anónimo dijo...

se molestei a alguén co recordo de don Santiago pido disculpas, especialmente a súa familia se se sentiron doídos polo comentario
nin moito menos pretendía centrar os comentarios na súa persoa co meu texto, non é mais que un recordo rescatado dos miolos dún neno de catro anos
daquela os mestres tiñan a man lixeira e gozaban do respeito de todos, hoxe son os nenos os que teñen a man solta, cando non os pais, nin un estremo nin o outro son bos, triste sociedade a que non respeita os seus mestres, non se da conta do risco que corre

Anónimo dijo...

fe de erratas

"non se decata do risco"

(por si ven casfields co diccionario)

Anónimo dijo...

Temo que con esos correctores del lenguaje vamos a dejar de sentirnos libres y sería una pena.
Que cada cual escriba como quiera y sepa en gallego o en castellano.

Anónimo dijo...

Siempre se habla da Cima da Vila, y a mi que me gusta ir AL Toural, creo que tiene las mejores vistas.
Bueno, a decir verdad, ahora con tantos cables de alta tensión y antenas de telefonía móvil esa zona está bien estropeadilla, da ganas de echar a correr.

Bautista Sotelo dijo...

Certo, esquencera as impresinantes imaxes dos cabalos da garda civil, no espacio que tiñan entre o lameiro do Condiño e o cuartel. A veces incluso ocupaban o noso espazo de recreo. E como coidaban aqueles animais. Bueno, lembro que o Rivera era un pouco bruto. Hai que pensar na cantidade de horas que pasaban ises cabalos, percorrendo os camiños da bisbarra, ca parella de ben mantidos gardas, nos seus lombos.

Anónimo dijo...

Que pouca intervención no territorio. Imaxinades como sería a vila si alguén con tino houbera pensado o crecemento dunha vila medieval. Si se houbera pensado unha cidade nova en armonía ca vella.
Bueno, logo tería que ser moi respetuoso na aplicación das normas, que esa é outra.

Anónimo dijo...

Por certo, o Rivera está moi maliño, ten unha grave enfermidade e pasa os seus últimos días nunha aldea de Calvos de Randín, na raia

Anónimo dijo...

moi acertado ise comentario manolo
non soio é ter unha normativa que impoña o respeito polo paisaxe urbán e unha política de desenrolo planificada, tamén fai falla o coraxe de facelo respetar e levar a cabo esa política
é certo que os concellos pequenos non teñen recursos pra ise control, mais iso non os libera da súa responsabilidade
doutra banda cando hay sensibilidade por parte dos veciños mais fácil é levar a cabo un desenrolo respetuoso (xa sei que isto e utópico, mais hay zonas nas que esa sensibilidade nótase)

Bautista Sotelo dijo...

Na foto vexe o edificio da antigo muiño eléctrica. Un exemplo do patrimonio industrial, posto en marcha por Manolo Iglesias (Babe), un home que promoveu moitas iniciativas. Incluso fixo un pequeno encoro que producía enerxia eléctrica para iste muiño. Imaxinades si se houbera protexido, que bonita referencia da memoria doutra época, nesa parte da vila.

Anónimo dijo...

A realidade é que o equipo de goberno non soupo valorar o patrimonio que tíñamos.