sábado, octubre 21, 2006
lunes, octubre 16, 2006
Paso a paso
Son moitas as iniciativas que queremos por en marcha. Como na foto, é cuestión de ir paso a paso. Son moitos os escalóns ata chegar ó alto e logo de chegar podemos atoparnos cunha porta moi negra, sen ser capaces de ver o seu interior. A escada é moi empinada e non é cousa de ir moi rápido. Entre os de dentro e os de fora iremos subindo a escada.
viernes, octubre 13, 2006
Posición do Partido Popular
Hoxe, por fin, Toño, voceiro da oposición, fixo un comentario na entrada: PEATONALIZACIÓN DO CASCO HISTÓRICO.
Algúns comentarios desta entrada botaban en falla o apoio do Concello e da oposición. A nós tamén nos sorprendía a falta de participación do Bloque e do Partido Popular. Facemos unha entrada do seu comentario e agradecémoslle a Toño a súa participación, que sen dubeda, é importante pola representación que ten o P.P no Concello e que axuda a enriquecer o debate cas diferentes sensibilidades de Caldelas. Alégranos a vosa "sintonía" cas propostas da Asociación de Amigos de Caldelas e manifestamos, como xa dixéramos, no seu escrito fundacional, que ista é unha fiestra aberta, na que cada quén pode manifestar o que queira, se considera que ten interés para a nosa vila. Fiestra aberta sí, pero unha fiestra aberta os valores progresistas. Interésanos o debate real e os feitos reais, que proben esta progresía. Esperamos que o Bloque e o PSG, finalmene, se sumen a iste debate e aporten a súa visión do asunto.
O comentario:
Ola a tod@s:
Por alusións, despois de seguir con interés os comentarios que están aparecendo, e tras unha prudente vixilia, decido, co voso permiso, incorporarme o debate.
Como cuestión previa fago unha felicitación e unha declaración.
A primeira, para o titular diste espazo que é quen de poñer a disposición do "Mundo" cousas de seu. A segunda, a declaración de recoñecemento da función que o blog está a facer como foro de intercambio de opinions sobre un referente: castrocaldelas. Vaia por diante o meu respecto a todas as opinións e comentarios. Tedes que perdoarme a miña impericia nestas tecnoloxías, coa vosa axuda mellorarei. Eu estarei identificado (como voceiro da oposición) e invito a facer o mesmo ao resto, por aquelo da transparencia.
Entrando en fariña, teño que dicir que desde fai un mes ando contento. A apertura do blog ao debate e ver o contido foi como unha inxección de ánimo. Aí van dúas razóns: 1) Pola capacidade de iniciativa que existe en castrocaldelas e o apoio popular.
2) Pola sintonía das propostas con noso programa político (para as eleccións de 2003). Da primeira salientar o efecto "Aguillón" para unhos, e balsámico para outros. Da segunda, para poder debater con coñecemento de causa, pido autorización para poñer o dispor dos participantes do blog o contido do programa político que presentamos a os veciños de castrocaldelas no ano 2003. E diredes: -Non sería moi alá as vistas do resultado electoral!!! psoe 7 pp 2 bloque 0 Unha Malleira¡¡¡. Certo. Mais.... Ulo o programa do psoe?, Ulo o do bloque?.......... Alpha pregúntase se hai oposición, e eu pregúnteme: O alcalde Osorio e o psoe de castrocaldelas presentaron a debate un proxecto global e integral para o noso concello? A Alpha dígolle que a oposición ten programa e está no sitio que o pobo decidiu: 2 Concelleiros. Polo tanto non temos posibilidade de forzar plenos extraordinarios, nen pedir informes ao secretario. Sómente velos ver os expedientes e facer preguntas, rogos e mocións. E abofé que temos feito centos delas. Coas respostas teriades para rir un bo rato. E diredes..... Acudir a prensa!!! Dacordo, xa o temos feito. Resultado: Non se garante un coñecemento xeneralizado e o que peor, as redaccións reelaboran as notas que se lle fan chegar co que as veces a noticia prexudica a o mensaxeiro. Por certo quero que saibades que a revista "Ribeira" ten un comportamento sectario por esquecer a nosa representación. Tamén o fixo coa asociación das mulleres rurais de "CASTRO CALDELAS" O NOSO REFERENTE PROGRAMÁTICO É: "O TEU FUTURO É O NOSO COMPROMISO" e coa axuda do “POBO” SEGUIRÁ SENDO......!!!!! ESTOU DISPOSTO AO DEBATE.
Saúdos Toño.
domingo, octubre 01, 2006
Suscribirse a:
Entradas (Atom)