domingo, diciembre 03, 2006
A-76, “Deuda Historica con Caldelas”
Hoxe, a noitiña, no programa do Manolo Valdes, na Radio Tele-Taxi, escoitamos falar ó alcalde Osorio Castro de que o Ministerio de Fomento está valorando a posibilidade de facer unha autovía (A-76) que iría dende Ponferrada ata Ourense pasando por Caldelas e Trives. En xaneiro foi adxudicado o seu estudio. Según explica o alcalde, os concellos da zona (Manzaneda, Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, Montederramo, A Teixeira, Parada do Sil, Esgos, Maceda, Pereiro de Aguiar, Larouco y Xunqueira de Espadañedo celebraron unha reunión no Castro para apoiar xuntos esta iniciativa que, parece, foi moi protestada polos concellos de Lemos e Quiroga.
O PSOE gallego, parece que apoiará iste trazado para favorecer as comarcas que polas que pasa a OU.536 e sacalas do seu aillamento.
A Asociación de Amigos de Caldelas pensa que esta é unha moi boa nova que será sen dubeda un forte revulsivo para economía da zona. Parece que o Ministerio solicituo os Concellos alegacións para elaborar o informe de impacto ambiental. Coidamos que a autovía ten que separarse do pobo e ter unha saída e entrada perto da nosa vila.
A través do mesmo programa de radio soupemos do pasamento da mai de Osorio Castro e aproveitamos para darlle o pésame da Asociación de Amigos de Caldelas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)