viernes, julio 31, 2009

Nada se consigue sen loitar. A vila gaña



Nunca hai mal que por ben non veña. Os cartos do Plan España -recursos que o goberno de Zapatero adica a remontar a crisis planetaria- serviron para que o concello do Castro pudera por fin acometer o proxecto de ordenación da praza do Prado. Un proxecto tan desexado e reivindicado tanto desde este blog como desde o blog da Asociación de Amigos de Caldelas, O Prado.



Coas obras que fixo o Concello, o pobo gañou un espazo sen coches nin perigos para estar, un lugar de encontro nun espazo ordeado e de calidade. E os negocios gañan moito, tamén unhas terrazas fantásticas, onde será moito mais agradable atoparse. Con este paso adiante o Castro sitúase na liña dos concellos progresistas que loitan por un uso diferente dos espacios públicos. Parabéns.

Xa estamos na praza de O prado.

jueves, julio 30, 2009

www.duasnoites.com

Faltan 14 noites

Fred Martins, día 12 de agosto, ás 22,30h.
Uxía, día 13 de agosto, ás 22,30h.



Prezo: 9€ / caixa galicia
12€ / media hora, antes dos espectáculos
CA AXUDA DE TODOS "DUAS NOITES" PODE CONSOLIDARSE.

Foto: Campos

miércoles, julio 29, 2009

Páxina de "Amigos del románico"



A páxina de amigos do románico faise eco de dúas noites de música. Grazas pola vosa colaboración nesta iniciativa que necesita de moitos amigos para poder seguir promovendo actividades na nosa bisbarra. 

sábado, julio 25, 2009

xa están a venda as entradas de "dúas noites"

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Xa se poden mercar as entradas de "dúas noites de música", a través de Caixa Galicia con un prezo de 9€. Si se espera a mercalas na taquilla o prezo é de 12€. Ainda que temos que pagar a comisión pola venda a través deste servizo, a venda anticipada, danos certo marxen para poder organizarnos e prever a asistencia. Van a ser dúas noites moi fermosas, nas que esperamos contar con todos os amigos do ano pasado e facer novos amigos desta iniciativa que queremos que se vai consolidando co voso apoio.

domingo, julio 05, 2009

Dúas noites volta con Uxía e Fred Martins

Fred Martins / día 12 de agosto, ás 22,30
Uxía / 13 de agosto, ás 22,30




Os amigos de caldelas estamos a traballar na organización de unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio. Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades  todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.

Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade”, que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).

Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira,  e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.

Estamos a traballar e pronto as entradas estarán á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.