
A Consellería de Vivenda e Solo declarará o casco antigo de Castro Caldelas como Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico (ARCH) (contará con SUBVENCIÓNS ESPECIAIS PARA A SÚA CONSERVACIÓN).

Esta modalidade permitiralles aos veciños acceder a importantes axudas para a rehabilitación das vivendas, e á administración local a subvencións para obras de urbanización. Para que a consellaría aprobe a declaración, o Concello deberalle remitir unha memoria coa documentación esixíbel.
A directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, Encarna Otero, anunciouno logo de visitar o casco histórico de Castro Caldelas, acompañada do delegado provincial de Vivenda, Antucho Espinosa, e do alcalde do municipio, Eladio Osorio. Hai que decir que conta co apoio e o entusiasmo da arquitecta e Conselleira, Teresa Taboas, que ten visitado en moitas ocasións a vila. A consideración de ARCH facilitará axudas de até o 80% do orzamento, cun importe máximo de 11.000 euros para a restauración de vivendas da zona, e do 60% para a urbanización e reurbanización das rúas do contorno.
A area do Castro sumase as area de rehabilitación de Allariz, Celanova, Ribadavia, Verín, Ourense e Ourense-Seixalbo.
O Concello debería plantexarse que é momento de aproveitar istas subvecións tamén para peatonalizar a praza do Prado, ordear o aparcamento e por en valor o seu espacio central.