
Pola calidade dos espacios públicos de Caldelas
Polo progreso da vila.
Amigos de Caldelas
Castro Caldelas (Ourense)
amigosdecaldelas.blogspot.com
Móvenos unicamente a idea de preservar e axudar a mellora-los espacios públicos da vila de Caldelas e o noso patrimonio histórico, cultural e natural. Queremos participar con iniciativas e ideas na mellora destes espacios, alentando e colaborando co Concello de Castro Caldelas.
Non somos unha organizació que aspire a ser unha opción política, soio queremos axudar no diálogo e alenta-lo debate. A preservación do patrimonio histórico e natural é de vital importancia para o futuro da vila de Caldelas. A crisis e decadencia do rural soio se ve compensada minimamente polo efecto do turismo cultural que acude a visitar esta importante vila medieval que debería loitar por ser, de feito, a capital da Ribeira Sacra.
Ca idea de mellora-lo espacio público para nós, para os nosos fillos e para os que a vila acudan,
solicitamos:
I INICIATIVA:
PEATONALIZACIÓN DA PRAZA E DO CASCO HISTÓRICO
Solicitamos o Concello a peatonalización das zonas da Praza do Prado e todo o casco histórico, permitindo unicamente o acceso de coches a veciños, hoteis, etc., para o que se deberá encargar a uns especialistas un plan de movilidade que ordene o acceso a estas zonas e procure o aparcamento dos coches e autobuses noutras zonas cercanas, intentando que esta iniciativa non perxudique os comerciantes da zona para o que se deberá consensuar con istes, propostas alternativas.
Xa é hora de que se poida pasear pola vila cos cativos sen risco de atropello. Xa é hora de que os coches non sexan o máis importante e que ó excepcional patrimonio co que conta esta vila se lle dé o valor que lle corresponde. Xa é hora de que tomemos exemplo de outras vilas que levan andado moito neste eido.
II INICIATIVA:
TRANSPARENCIA DAS ACCIONS URBANISTICAS QUE SE LEVEN A CABO
Solicitamos ó Concello que ante calquera iniciativa que se leve a cabo na modificación das Normas
Subsidiarias ou Plan Especial de Protección do Casco Histórico se informe a ciudadanía por todo-los
medios modernos (charlas, debates, conferencias, Internet, diarios locais, así como mediante
comunicación persoal a todo-los afectados).
III INICIATIVA:
PARQUE INFANTIL
Solicitamos a creación d’un novo parque infantil, un espacio más amplio para que os nenos
poidan xogar de maneira segura. A situación do actual é escasa e insuficiente para
unha vila coma a nosa.
COMENTARIOS:
Anonymous said...
Seria moi importante poñer orden na circulación no centro da Vila do Castro. Os coches circulan a velocidades tremendas, impùnemente. A Prazo do Prado, no verán, semella talmente un aparcadoiro. E ainda que os comerciantes teñan dúbidas, seguro que gañarían. Seria fantástico poder ter unhas terrazas máis amplias, para estar relaxadamente, sen agobios ni perigos. Agora non resulta nada agradable estar alí, sepultados polos coches, pendentes de non ser atropellados. E seria fantástico poder pasexar polo centro histórico sen riscos. Moitos pobos teñen experiencia nesto. Tratase de que pensen nun espacio adecuado pra deixar os coches, evidentemente non de que os prohiban. Seguro que o Castro gañaria moito. !E vital que os politicos se poñan as pilas! E que pensen con amplitud de miras.
1:07 PM
Anonymous said...
Cando ves tal caos e aglomeración de coches no centro da Vila, a pregunta é ¿Onde vai a xente?. E un misterio. Unha pregunta que se escoita continuamente na boca dos do pobo. Pero está claro que, ainda que estas aglomeracions principalemnte soio se producen durante as vacacions, e o resto do ano o Castro está deserto, a iniciativa de peatonalizar o centro é importante porque implica un cambio na dinámica do pobo, cambio que sería moi beneficioso. É necesario buscar un aparcamento cómodo e próximo, e a Praza do Prado ten que ser un espacio para a xente. Os coches non atraen ó turismo, non activan a economía. eso é unha idea superada. Se ves pola estrada de Trives, non coñeces o pobo, o que percibes é un caos. Entre os ultimos desastres urbanísticos e os coches, en vez de un precioso pobo medieval o Castro parece un área de servicio. Pero alguén, un profesional do urbanismo, que os hai, ten que pensar en como facelo, como ordenar todo e onde poñer o parking. !Moi boa iniciativa!
1:32 PM
Anonymous said...
Noraboa por isa iniciativa pero coido que non o vades a ter facil. Fai pouco participei noutras que logo queraron en nada.
11:17 AM
Bautista Sotelo said...
Sabemos que non é facil pero sen traballar tampouco se pode esperar a que as cousas muden por si soias. Todos temos a responsabilidade de facer algo para que as cousas melloren.
11:41 AM
Anonymous said...
Sodes moi ambiciosos. Eu conformabame con que se ordeara un pouco a praza.
1:05 PM
Anonymous said...
A praza non debería ser soio un aparcamento para o Grilo e o Rubio. Un aparcamento de carretera no que se para sen ningún orden. É unha praza fermosa que debería porse en valor e ter preferencia antes de nada as persoas.
2:05 PM
Anonymous said...
A quén se lle ocurriu a brillante idea de facer unha praza (estilo francés) fora do lugar habitual de reunión dos caldelaos.
2:48 PM
Bautista Sotelo said...
O bares da praza non deberian ver esta iniciativa como unha ofensiva contra eles. Hay que intentar que calquera decisión que se tome non perxudique a ningúnha industria importante para Caldelas. O progreso é para todos.
3:07 PM
Anonymous said...
Quen garantiza os comerciantes do prado que non se verian perxudicados si se peatonalizara a zona.
3:47 PM
Bautista Sotelo said...
Nos propoñemos na nosa iniciativa que o Concello encargue un estudio de mobilidade no que se poidan ter enconta todo-los problemas a resolver para evitar perxuicios os bares e comercios da praza. Eso significa ordenar a zona onde paran os autobuses, non botalos da praza. Ordenar onde se instalan os taxis, non botalos da praza. Habilitar alguns lugares para aparcar, perfectamente señalizados. Organizar o paso dos veciños e hoteis e en definitiva señalizar a través de diferentes medios os usos da praza, permitido a xente que poida usar ises espacios.
6:51 PM
Anonymous said...
Hoxe pola maña montouse un gran follon no acceso a rúa dos Pilos. Un coche aparcou invadindo parte do acceso e xeron unha acumulación de coches polos dous lados que querían pasar. A falta de señalización está a producir moitos conflictos entre os veciños.
6:56 PM
Anonymous said...
Noraboa polo traballo que estades facendo. Xa era hora de que alguén se dera conta do mal uso que se fai da praza pública.
9:20 PM
Anonymous said...
Apreciado Bautista: Comenzo felicitandote pola tua Bitacora e inda que no e un foro si que vexo neste tema algo de debate. Na Vila e no Concello do Castro de Caldelas o que fai falta e o debate. Perdemonos entre a desidia dos que Gobernan e a ignorancia da Oposición (incluidos os do BNG, sin representación no Concello). No casco historico da Vila os vehiculos son un, de entre os problemas que Iste padece, como seria a conservación do entorno, o falta de control o facer obras ( a pesar de estar regulado por lei), a despoboación (aqui e nos pobos), etc..(Iste tema da pa moito). Sumome gustoso a iniciativa de Amigos de Caldelas e que iste sitio feito con cariño por esta Terra sirva para sacala adiante.
1:33 AM
Anonymous said...
A parte do debate que tedes neste blog, entre a xente do pobo non se fala, dende hai días, doutra cousa. Outro día nunha xuntanza da asociación de amas de casa houbo opinións para todos os gustos. A que máis me gustou foi a de que unha que vive na carretera de Ourense, o lado do Hostal Pallon e que dixo:
"Pois moi ben, e cando vaia o Banco Pastor onde aparco...?
11:36 PM
Bautista Sotelo said...
Gracias pola túa felicitación e polo apoio a esta iniciativa. Pronto nos constituiremos en asociación e esperamos contar con persoas como tí que se den conta que o Castro non vive unha arcadía feliz e hora de mellora-las cousas. A nosa idea principal era promover accións culturais pero tendo en conta o estado no que se atopan algunhas cousas dimonos conta que había que comenzar por algunhas iniciativas que axuden a preserva-lo pobo e mellorar o seu uso.
8:03 AM
Bautista Sotelo said...
Fixome moita gracia a anecdota da muller que está preocupada, por onde vai aparcar, si vai ó Banco Pastor. Non me sorprendeu, o propio alcalde puxome un exemplo parecido. Si van os chapistas, dende transcastro, a tomar café ó Grilo e non teñen onde aparcar, que farán; Deixarán de vir...? A verdade, eu non ía preparado para unha lóxica deste tipo.
8:12 AM
Anonymous said...
Me sumo a la iniciativa. Mil disculpas por no hacerlo en gallego, pero no me manejo bien. Voy cada verano y quería contar, que hace un par de años casi me atropellan en la plaza, frente al Banesto, con una mota de esas de cuatro ruedas.
9:15 AM
Bautista Sotelo said...
Vivo na praza e non se me ocurre coller o coche para ir o Pallón a comer.
9:40 AM
Bautista Sotelo said...
Non pidas disculpas por escribir en castelán. Iste é un espacio aberto, cada quén que se comunique como poda ou queira.
10:10 AM
Anonymous said...
O outro día escoitei nun bar da carretera de Ourense que a iniciativa tiña a letra pequena en catalán.
4:34 PM
Anonymous said...
Noraboa pola iniciativa. A praza ten que deixar de ser un gran aparcamento para os bares. Espero que vós fagan caso.
4:44 PM
Anonymous said...
Noraboa pola iniciativa. A praza ten que deixar de ser un gran aparcamento para os bares. Espero que vós fagan caso.
4:44 PM
Xurxo Caneda said...
Noraboa por o teu blog e por iste debate que seguro enriquecerá as conversas nesta vila adormecida.Sumome a vosa iniciativa.
7:37 PM
Marta said...
Non sei si vós decatastes pero a maioría das aceras están ocupadas polos bares o que fai imposible o seu uso. Como se explica esto. Acaso pagan máis impostos o bares. Teñen licencia para poder ocupar as aceras.
11:06 PM
Uxía said...
Cal é a posición do bloque nesta iniciativa. Existe o Bloque no Castro. Quen son as persoas que o representan. Cales son as súas propostas.
9:47 AM
Bautista Sotelo said...
A verdade é que non contactei co Bloque local. Polo que sei é Nini (Hotel Cimadavila) a súa representante. Cando pusen en marcha a iniciativa non me atopei con ela para solicita-la súa firma. Puden ir a súa casa a visitala pero non o fixen con ninguén. Preferin traballa-la rúa.
4:02 PM
Bautista Sotelo said...
A verdade é que non contactei co Bloque local. Polo que sei é Nini (Hotel Cimadavila) a súa representante. Cando pusen en marcha a iniciativa non me atopei con ela para solicita-la súa firma. Puden ir a súa casa a visitala pero non o fixen con ninguén. Preferin traballa-la rúa.
4:02 PM
Tania said...
Las fotos muestran un pueblo atropellado. Que tengas suerte con esta iniciativa, Bautista.
8:43 AM
Anonymous said...
Desde luego que hay que peatonalizar el casco histórico y la plaza.
De esta necesidad, los usos se complementarán para que la calle principal reduzca la velocidad del tráfico y se genere a lo largo de su reccorrido una dinámica de sucesos y actividades que dote a Castro Caldelas de un Norte, de una dirección, de un reposo que ahora no tiene. Como dicen, es una localidad atropellada.
Con sumo gusto nos uniríamos a un grupo de trabajo multidisciplinar para una restructuración del conjunto.
Desde madrid.
8:05 PM
Bautista Sotelo said...
Gracias polo teu apoio. Imaxino que ainda que estás en Madrid algún interés terás en Caldelas. Non é facil que o Concello leve a cabo un estudio. É decir que faga unha comisión con xente do pobo ou que lle interese o pobo, na que se estudie a forma de facer esa peatonalización... Cando se formalice a asociación amigos de Caldelas faremos unha comisión que siga a traballar neste tema e gustaríanos contar contigo.
10:03 AM
paloma said...
This post has been removed by the author.
6:03 PM
Paloma said...
Son unha nena do Castro que necesitamos que xente coma vos pida cousas para nos . Pero quéroche comentar que cando eu era mais pequena a miña nai mais outras moitas nais do Castro levaron o concello moitas firmas para pedir para nos un parque como ese que hoxe pedides vos ; tamén aproveito para pedirvos que nos axudedes a ter unha piscina como a que teñen os municipios veciños, e moitas mais cousas vos pediría para nos . Grazas pola vosa iniciativa e sorte .
11:35 AM
Bautista Sotelo said...
Gracias Paloma por unirte o debate. Cando estiven recollendo firmas, moita xente faloume doutros problemas e doutras iniciativas, das que non eramos tan conscientes cando puxemos en marcha a nosa.
Temos a idea de constituir unha asociación (amigos de caldelas) para poder promover outras iniciativas e axudar a mellorar moitas cousas como as que tí propós. O tema da mellora do parque infantil xa ves o que constestou o noso alcalde. Esperemos que o reflexione é tome algunha decisión para mellora-la situación. A verdade que hoxe unha piscina de 20m x 10m pode valer uns 40.000 euros. Non debería ser un gran problema. Se o Concello non fai nada teremos que organizarnos para busca-los cartos.
11:52 AM
Marta said...
O outro día, cando estaba dando un paseo polo comercio novo e pola rúa que vai por baixo da casa de Don David, case non puden pasar, pola cantidade de cousas que teñen atrancadas os da ferretería. É normal esto...poden apropiarse da rúa, sen máis...?. Aplaudo a vosa iniciativa. Hai que ordenar a praza e limitar un pouco os abusos.
9:54 PM
Anonymous said...
Por que che molestan tanto os coches Bautista. Si tu viviras dun negocio que esta na plaza xa veriamos si pensabas igual.
12:32 AM
Anonymous said...
Polo espacio que hai diante do Banco Pastor casi non se pode pasar. A maioría das veces está todo espacio opcupado polas furgonetas e coches da ferretería. Cal é razón desta permisividade.
12:43 AM
Bautista Sotelo said...
Non entendo cales son os perxuicios da peatonalización. Gustaríame que alguén nolos explicara. Eu vexo soío beneficios pola porta en valor da praza o que redundará en máis visitantes. É decir máis demanda distes espacios.
9:04 AM
Xurxo Castro said...
Medo o descoñecido. Ignorancia. Os das bicas pensan que xa non controlaran os conductores. Esa guerra que se tran entre os dous vendedores de bicas.
10:30 PM
Anonymous said...
Siempre veño as festas. Non falto, pase o que pase. Querovos comentar que me parece moi ben o que pedides. Tedes que facer que saquen os coches electricos da praza. Estropea moito as fiestas. Perdón por o meu gallego.
11:30 PM
Bautista Sotelo said...
Tés razón, o trasto dos coches eléctricos eclipsa a festa. Teño falado con moita xente. Din que son os que pagan gran parte da festa. O ano pasado fun as festa logo de varios anos sen poder acudir e foi moi decepcionante para mín e para miña familia. Decidin non voltar nesas datas. Unha gran desilusión. Iste ano din 35 euros que me puxeron de cuota pero para o ano penso empregalos en algo mellor.
10:00 AM
Anonymous said...
pasate hoy por la plaza en visperas de fiestas y verás a esos que nos mandan,de Monforte,Chantada, y alrededores que tienen la sensibilidad no se en donde, y verás como dejan que los coches,las colchonetas,las terrazas invadiendo el paso etc.etc.¿cuanto recaudan? pienso que mucho y las demas prebendas que obtienen las familias,esta es nuestra maravillosa plaza del prado y que decir del dia 8 de los Remedios,la procesion pasando por la plaza entre los pitidos de los cochecitos....te aseguro que yo tambien voy a dedicar mi dinero a otra cosa.
11:28 PM
Bautista Sotelo said...
Non entendo eso de ...esos de Monforte, Chantada e alrededores... agora, comparto contigo o mal uso que se fai da praza non día e entre dentro dos nosos obxetivos expor o concello e intentar convelos de que hai moita xente que nos gustaría que as cousas foran de outra maneira. Un saúdo.
12:57 PM
campos said...
e curioso que alguen que ten un negocio na praza pense que vai sair perxudicado por esta iniciativa (o medo dos que poñen os seus cartos no negocio e libre)
pero nos tempos que corren, nos que todo o mundo ten a posibilidade de viaxar e ver outras opcións non ten moito sentido este medo
son coñecidos moitos exemplos de actuacións en cascos históricos, un dos mais cercanos o archicomentado de allariz, unha vila apagada que gracias a intervención valente do seu concello transformouse de forma incrible, pero hay outos casos, ben perto do castro, entre o bierzo e a maragatería o pobo (ben pequeno por certo) de castrillo de los polvazares, onde non hay negocios que non sexan de restauración e relacionados co turismo, o lugar da famosa maruja, reina do cocido maragato e coñecida en todo o mundo pola veneración que lle prodiga o ben coñecido luis del olmo (pois ben, niste pobo non poden entrar os coches, hay que deixalos aparcados na entrada e camiñar
outro exemplo, o casco antigo da cidade de oviedo, peatonalizado non sin discusión, pero finalmente valorado por todo o mundo, outro mais, a plaza de maria pita na coruña, e todo o seu entorno, ó tráfico desapareceu por iniciativa do seu alcalde paco vazquez, exemplo de valentía na xestión da cidade, que con poucos apoios e en contra de moitos, conseguíu modificar unha cidade axfisiada na cidade moderna e de servicios que hoxe e a coruña, os que como eu fomos testigos da transformación da coruña perante os anos de xestion do paco vazquez dende o 82 ó 89 recordamos que as primeiras actuacións (praza de maría pita, avda. de alfonso molina... hasta a posta en marcha do paseo marítimo (proxecto discutido donde os haxa) foron sempre en contra de un gran clamor popular. Hoxe ninguén se recorda de aquel clamor, todo ó mundo bendice as obras do paco, habería moitos mais exemplos de que a peatonalización dun espazo non ten resultados negativos pra ninguén, pero tempo haberá para comentalos, o que o dude que lle pregunte os hosteleiros do casco histórico de pontevedra...
soio unha cousa mais para rematar esta entrada, cando puxemos en marcha ista iniciativa, ninguén pretendía perxudicar a naide, entendíamos que a posta en marcha do proceso corresponde ó concello, trátase por tanto dunha idea de algúns que vemos como o castro morre, e como o seu maior potencial (o turismo) non se protexe ¿será outra versión da pita dos ovos de ouro?
2:34 PM
Bautista Sotelo said...
Moi interesantes os exemplos de iniciativas parecidas noutros lugares.
2:58 PM
Anonymous said...
Hola Bautista,yo queria comentarte que ya que tenemos grandes intenciones con el casco viejo,la plaza del prado,los coches..¿y las edificaciones horrorosas en medio de nuestro querido y antes hermoso pueblo:escaparate de la ferreteria, edificios en ladrillo..cuando yo era pequeña corría a los escondites hasta los pilos, hoy no se ni por donde se va,todo es una mole de cemento mal hecho para esto no se necesitaba dinero de la xunta de galicia pero si una buena gestion de los que mandan ¿que interes había al destruir estos accesos?¿a quien benefició?.suerte seguiré conversando con vosotros y exponiendo mi punto de vista .
11:48 PM
Bautista Sotelo said...
Nos últimos 25 anos fixeronse moitas obras que son discutibles. Algún día deberíamos organizar unha conferencia dun bó arquitecto-urbanista para facer unha reflexión sobre o pasado recente, podería ser interesante para o futuro.
Polo menos eu, intento converter a memoria recente en material de traballo do presente.
Perdoa, pero non entendo a qué te refieres cando falas de cartos da Xunta ...u cando falas de accesos destruidos... poderías precisar un pouco máis.
Un saúdo e gracias por participar.
12:31 PM
Anonymous said...
E curioso que os promotores dista iniciativa no vivan habitualmente no Castro. Gracias por preocuparvos dos "probiños" que sufrimos todo o ano o acoso dos coches dos "toristas" na praza do prado. Felices Festas dos Remedios para todos.
1:06 AM
Bautista Sotelo said...
Sorprendeme que a alguén lle moleste que nos puxéramos en movemento. Entrar en quén é máis do Castro ou menos do Castro, non me paréce interesante para iste debate. Eu non menospreciaría as 200 firmas presentadas no Concello. Como xa dixemos, soio nos move o noso interés polo pobo. A praza é por igual do que vive en Vilanova, nas Carballeiras no Toural, do que tivo que emigrar e volta, ou do que ten alí unha industria. Sería interesante para o debate que expoñas os teus argumentos. Seguramente hai puntos que se nos escapan.
8:26 AM
Anonymous said...
non entendo qué queres transmitir con ise comentario, tal vez ti seas un probiño/a que non ten mais ambición que quedar como está, non creo que representes a moitos, soio hay que leer a maioria das entradas diste foro
9:03 PM
Bautista Sotelo said...
Hoxe fixose unha nota de prensa co resultado desta iniciativa e enviouse ós medios de Galicia. Esperemos que nos fagan un pouco de caso e esta iniciativa sexa visible noutros medios de comunicación.
12:19 AM
Bautista Sotelo said...
Parece que o tinglado dos coches electricos e todo o que o acompaña aporta as festas perto de 3000 euros e por esta cantidad sacrificase gran parte do espacio central do pobo. Dende o meu punto de vista iste tinglado empobrece as festas dos Remedios e axuda na decisión de non asitir iste ano, logo da mala experiencia do ano pasado.
8:39 AM
Marta said...
A verdade é que tes razón Bautista. Os coches eléctricos impiden disfrutar dun parte importante da praza e a contaminación acústica é insoportable. Eu tamén penso que o pobo está en mans de xente con muy pouca sensibilidade.
10:23 AM
Anonymous said...
É posible que un dia cheguemos o Castro e donde en algun día estivo unha gasolinera do Frade,ata o final da carretera de Trives, pareza que se entra en Comala. Un pobo de almas en pena.
2:12 PM
Bautista Sotelo said...
Si se aplicara a lóxica inmobilista que reacciona contra a nosa iniciativa, no caso da gasolineira do Frade que había onde aparcan, actualmente, os taxis, habería que facerse a seguinte pregunta; Porqué non se mantivo eí a gasolineira, con entradas e saídas, se total ise espacio para algunha xente é un aparcadoiro. Estaría ben saber o que dixo a xente no seu día. Ter que ir o final do pobo pra encher o depósito. Ises iluminados.
5:40 PM
Anonymous said...
pensando en otras fiestas de otros pueblos, en los últimos diez años se han retirado las ferias (coches de choques etc.) del casco urbano y han habilitado algún descampado para evitar ese problema del ruido. Creo que esta es otra propuesta que debemos hacer. Es una pena que nadie deje de ir a los Remedios por las bocinas de los feriantes.
8:14 PM